15.03.2021 Views

2011-2015

Relatos premiados 2011-2015

Relatos premiados 2011-2015

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

G L

2013

Nese momento precipítome ao baleiro. Caio a unha velocidade

asombrosa. Maldigo a Newton novamente. Imaxino os meus miolos

esparexidos por algunha rúa. Atópome a 500 metros do chan. 400. 200.

100. 50. 10. 5. 1…

Esperto.

Abro os ollos preguizosamente. Son as sete da mañá. Na mesa de

cabeceira atópase El Gen Egoísta de Richard Dawkins. O portátil aínda

está acendido, o vídeo de Neil Tyson falando sobre os buracos negros xa

descargou. Este home é xenial. Vístome e saio da casa. Diríxome a unha

cafetería do centro.

–Café só, por favor.

Abro o xornal:

«O Goberno recorta 600 millóns de euros en I+D+i».

Políticos… concédenlles aos bancos miles de millóns de euros para

logo recortar en ciencia; aínda que non logro explicarme como unha

institución como Bankia puido crebar estando nas mans de tal selecto

grupo de xenios (non se viran tantos premios Nobel xuntos dende a

Conferencia de Solvay do 27).

Paso a páxina.

«Non se lles pagarán os premios aos ganadores das Olimpíadas de

Física debido á falta de orzamento».

Canta razón! Nerd, frikis, só sabedes masturbarvos, que facedes

estudando física aos 17 anos? Dedicádevos ao fútbol!

Pago o café, recollo a mochila e diríxome á Facultade.

120

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!