15.03.2021 Views

2011-2015

Relatos premiados 2011-2015

Relatos premiados 2011-2015

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Carta de Nikola Tesla

a Thomas Edison

David Novo Goiriz

gañador da modalidade Relato curto, categoría Xuvenil

G L

2012

Nova York, 3 de xaneiro de 1943

Estimado señor Thomas Edison:

Os meus días están a piques de rematar e vostede leva varios anos

morto. Aínda así escríbolle para dicirlle que a nosa disputa está esquecida.

Vostede será recordado sempre coma un gran científico e inventor. Espero

que no meu caso pase o mesmo, aínda que estou seguro de que non é

posible a curto prazo. Quero darlle razóns para isto nesta carta e por iso

lle vou contar un pouco a miña vida.

Eu nacín en Croacia, non importa a data, ás doce dunha noite de

tormenta eléctrica; quizais isto quixo indicar algo ou foi só froito da

casualidade. Estudei en Belgrado enxeñaría eléctrica, cunha compañía

telefónica. Mentres estudaba patentei o motor eléctrico de indución. Con

28 anos trasladeime a América con poucos cartos e unha carta de

recomendación para vostede do meu xefe que dicía: «Coñezo a dous

grandes homes, vostede é un de eles; este rapaz é o outro.» Alí redeseñei

o xerador eléctrico da súa empresa e varias patentes por unha prima de

50.000$ que non recibín. A raíz disto comezou a nosa disputa, dimitín e

púxenme a cavar en Nova York.

Asombrado pola cantidade de cables do tendido eléctrico aéreo de

Nova York, que mesmo chegaba a bloquear a luz solar nalgunha zona,

ideei a corrente alterna (CA) como alternativa á corrente continua (CC)

que vostede ideou. Así os electróns atopaban menor resistencia eléctrica,

podíase reducir considerablemente o número de cables e diminuían as

perdas. Ademais, co seu sistema era necesaria unha central eléctrica

cada quilómetro e medio, mentres que co meu sistema non.

Tamén intentei levar a cabo o proxecto Wardenclyffe. Eu quería facer

resoar a Terra a unha determinada frecuencia con electricidade, servindo

esta de condutor e de grande «enchufe». Para isto funme ás extensas

129

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!