15.03.2021 Views

2011-2015

Relatos premiados 2011-2015

Relatos premiados 2011-2015

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

G L

2012

un sentimento. Un imperio, por exemplo, nace. E tamén crece. É coma se

estivese vivo.

Demostraréivolo: vou criar un imperio, verédelo nacer da miña man e

crecer, chegará a ser o máis grande. Dádeme o tempo que me corresponde

e non vos defraudarei. Mais non me digades o que teño que facer, debo

valerme por min mesma. Teño desde agora a misión de construír o meu

propio futuro. Con actitude, con optimismo, con forza e enerxía, con

todas as ferramentas que sirvan para o meu propósito e todas as que

poida recoller polo camiño. Vencerei.

* *

Hoxe hai algo máis de luz pola mañá, aínda que as ventás están

abafadas, coma onte. O espertador soa coa periodicidade programada.

Repetindo o son cada dez minutos, eficiente, implacable, insensible. En

certo modo é máis ben ineficiente, incluso inútil, tenta que saiamos da

cama e repite incansable e regularmente a alarma, para non ser capaz

de evitar que rematemos erguéndonos media hora máis tarde. Limpa a

cara cun pano húmido, por non achegarse ao lavabo, pon o albornoz

e vai almorzar. Despois remata a hixiene correctamente, fai un repaso

mental dos quefaceres e sae da casa.

* *

134

Nacer, crecer, reproducirse

Aquí o tedes: o meu imperio está crecendo e... de que maneira! Pouco

hai que naceu e xa teño unha inmensa familia dependendo de min, un

nutrido grupo –que se pode dicir que eu persoalmente criei e eduquei–

unido baixo os mesmos valores de excelencia, de valor e de vitoria. Unha

elite fortemente competitiva que non perde nunca, porque só aprendeu

a gañar. Un imperio vivo. Non só crece, tamén se reproduce: estamos a

falar da implantación de novas unidades de xestión en lugares dos que

outras sociedades non ouviron nin falar. Que nin saben que existen.

Ratios que poderían chegar ata dez novas unidades mensuais marcan

a diferenza. Cunha capacidade de captación de recursos que, agora

mesmo, supón preto do 20% globalmente dispoñible anual e cunhas

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!