15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

—¡Maldición! —excramou Mingos saíndo daquela escena de

horror e fuxindo pola horta abaixo como un réprobo a quen persigue

a sombra da concencia lixada.

—¡Meu filliño!... ¡filliño!... —dixo Marica entramentras que

pasaba o derradeiro diálogo, bicando a testa xa páleda de Manuel.

—Miña nai, —contestou este botando os brazos ó pescozo de

Marica— por fin atopeite, por fin morro contento. ¡Nai!... eu morro...

no ceo...

—¡Filliño! —volveu a excramar Marica caendo sin sentido.

—¡Meu Dios! ¡Que disgracia! —decía Xuana tirando do pelo

con desesperación.

—Nai... Rosiña... no ceo te agardo... —foron as últemas palabras

do desventurado mozo.

Cando Marica volveu en si, atopou no colo o cadavre do seu

fillo. Ceibou entón unha risa estrana. ¡Estaba tola!

Mingos colleu o camiño de Corbeiroa ó deixar aquela triste

escena.

Chegou ó pé do penedo que xa conocemos e rubeu á cume del.

—¡Dios! ¡perdón! Aquí comenzaron os meus crimes; aquí finarán

tamén.

E tirouse ó mar de donde non volveu a saír máis.

EPÍLOGO

Marica morreu ós dous anos despois dos últemos acontecementos,

víctima dos máis fondos doores. Según conta a lenda do pobo,

pola noite víase ir a Rosiña ó cementerio a rezar sobre a cova de

Manuel, e cando saía daquel lugar sempre brilaba nos seus ollos unha

bágoa fixando a mirada no ceo como si buscara nel o esprito do seu

infortunado amante.

106

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!