15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

—¡Descoide, compadre Vicente, descoide! fareille unha historia

compreta, con máis voltas que unha corredoira de Reboredo 252 , e máis

intención que a dun raposo asexando unha pita. O avogado darame

despois o parecer, de conformidá con que temos dereito a derruba–la

cerdeira, e despois...

—Despois esta árbore irá dar sombra aos profundos infernos...

Pasados catro días, xa tiña Vicente o parecer do avogado don

Xosé, quen opinaba que podía meterse machado na árbore por calquera

dos donos das leiras colindantes, sendo a madeira da propiedá

dos dous. De contado, a cerdeira foi tronzada por Vicente.

A demanda non se fixo agardar; e o día da comparecencia presentouse

no xusgado de Bergondo 253 o avogado don Xosé, feito unha

verdadeira furia, e disposto a non perdoar ao infelís paisano que

daquel xeito se atrevera coa súa propiedá.

—¿Con que direito, señor Vicente, —dicía o avogado con falas

de señor feudal— ¿con que direito nin razón se meteu a tocar o que

non era seu ¿Seique coida que se trocaron as dornas, e que calquer

labrego ten direito a facer o que lle dea gana

—Señor, non sempre pode un facelo...

—Pois non faltaba máis. Agora como xa teñen asociaciós —dixo

bulronamente— como xa queren ser persona a estilo da vila, toman a

xusticia pola súa man... ¿non é eso Pois veremos se hai asociación

que lle valla e lle prive de ir ao cárcere.

—Dispense, señor don Xosé; para que eu tivese razón non era

mester inventar a asociación, e comprenderá que cando fixen o que

fixen... Eu teño un parecer dun avogado que di que tiña direito...

—O avogado que tal opine é un burro...

—E será, si señor...

—¿Quen deu ese parecer...

252

Aldea da parroquia de Oucés situada a 1,6 km de Bergondo.

253

Concello da provincia da Coruña. Limita polo norte coa ría de Betanzos e co concello

de Sada, polo sur co concello de Betanzos, polo leste cos ría de Betanzos e polo oeste cos

concellos de Abegondo, Cambre e Sada. Ten unha extensión de 33,2 km 2 .

244

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!