15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

Tiña posta unha muradana de pana moura, e unhas saias do mesmo

xénero coas abadas repinicadas de terciopelo.

O mozo que as acompañaba, tería de vinteoito a trinta anos; era

alto, ben prantado, e conocíase polo vestir que era fillo dalgún vinculeiro

da mariña.

Polo tocante á Xuana, direi somente que representaba trinta e

pico de anos, e o seu carís era coma o de todas as solteiras rancias, que

por ser compretamente feas, non toparon nunca cun home que por elas

sentira o máis pequeno relouquido no corazón.

A rapaza roxiña daba de vez en cando dooridos ais, arrincados

polo fero dor que debía sentir. Así sigueu como unha hora.

—Mariquiña, encóntraste mal, ¿verdá —preguntaba o home

con fala agarimosa.

—Si, home, bastante mal.

—¿Queres que eu me retire

—Non; faime falla a túa presencia.

—¿Ti pensas que tardarás moito...

—Logo debe sere.

Sigueu queixándose por algún tempo astra que excramou con

fala apagada:

—Chegou a hora. ¡Collédeme!

E caeu sentada sobre unha silla.

Dou un pequeno berro.

Acababa de dar a lus.

Xuana recolleu o recén nacido, e envolveuno nunha saba.

Toda esta escena presenciouna o home coa maior serenidade,

anque mui caviloso.

Chamou á dona da casa, e entre ista e Xuana, deitaron no berce

á Marica, acochándoa cuidadosamente.

—Vamos a saír Xuana e eu, —dixo o desconocido á dona—

escúsoche repetir o que tes que facer.

83

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!