15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

A MITÁ EN CARTOS 210

Fai tantos anos como eu conto de vida, que andaba visitando as

freguesías das Mariñas un señor Arzobispo, cuio nombre non lembro,

desprendido, xeneroso e caritativo coma un cristiano de boa lei.

Pero aquelo de que “canto máis doce é o mel, máis moscas caen

sobre del”, non acougaba o perlado coas peticiós que decote e en

todas partes lle facían.

Nunha aldea, preto de Betanzos, según conta a historia, presentáronse

ao señor Arzobispo dous labregos a pedirlle diñeiro para

a fundación dunha escola de primeiras letras. Xa non lle quedaba

nin branca na faltriqueira, e o rogo aquel púxoo nun verdadeiro

compromiso.

—Señor, —decíalle Chinto repitindo as palabras que lle apuntaba

por detrás Bastián, seu compañeiro de comisión— sabemos que a

vosa señoría é xeneroso e amigo dos pobres, e polo mesmo vimos a

lle rogar que nos dea algo para axudarnos a erguer as paredes da nosa

escola, que tanta falla nos fai...

—Ben sabe Dios, meus fillos, —respondeu o perlado— ben sabe

Dios que eu non podo negarme a axudarvos na vosa empresa. Enseñar

ao que non sabe é unha obra de misericordia das máis proveitosas e

gratas aos ollos de Dios.

—Ten razón, si, señor, —añadeu Chinto, máis contento que un

cuco porque comprendeu que a súa petición era atendida.

—E polo tanto, —sigueu o perlado con voz solene e cariñosa—

eu concedereivos, para vós e mailos que vos axuden na civilizadora

labor, catrocentos días de indulxencia plenaria...

210

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 47, 22 de xullo de 1908, p. 4.

205

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!