15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

amigo e compañeiro, quero ser tamén teu irmán xa que reconozo que

temos unha mesma nai: Galicia.

O VERBO 197

Nos tempos en que Zoroastro 198 recibía no ceo do deus Ormuzd

“a palabra de vida”, —seis mil anos dinantes do nascimento de noso

señor Xesucristo,— había unha comarca fermosa e farturenta, nomeada

Anthorque, que lindaba coas augas do mar Caspio. En ningures,

non sendo no occidente da Iberia, podía acharse terra máis deleitosa.

As saudades polos eidos nativos comenzaron a xurdir nas almas

dos anthorqueses, que vagaban polo paradiso dos persas.

—Señor, —dixéronlle unha vez a Ormuzd— o ceo que nos

donástedes non pode ser mellor; mais nós temos lembranzas feridoras

pola doce e doada terra de Anthorque. ¿Por que, oh deus, non nos

facedes a mercede de axeitar un corruncho deste ceo de maneira que

teña os arboredos vizosos, as campiñas ridentes, as augas espellantes

e quedas daquelas meigas terras nas que quedaron os nosos corpos

mortás

E Ormuzd viu que aquelo era bo. Mandou chamar ao arquitecto

celeste, e fixo un ceo aparte para os anthorqueses.

—Oh, meu deus Ormuzd, —díxolle o porteiro maor;— podente

é a vosa voluntade, que comprida será. Mais polo que toca a min, terei

unha grave dificultade. Como ese lugar é tan feiticeiro, tódalas almas

197

Publicado na segunda edición dos Contos de Asieumedre.

198

Tamén coñecido como Zarathustra, foi un profeta e lexislador relixioso que viviu entre

o 660 e o 583 a.d.C. en Irán e creou o porsismo, unha relixión que concentraba todo o seu

interese na loita perpetua entre as dúas forzas do universo; o Ben e o Mal. Aínda que a

súa vida só se coñece fragmentariamente, foi actualizada na obra Así hablaba Zarathustra

de Friedrich Nietzsche.

191

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!