15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

Despois falaron de Mistral 169 , Verdaguer 170 , de Rosalía de Castro,

de Pondal; e ás derradeiras perguntou a catalana:

—¿Y vosté ès catolich

—¿Eu xa non me decato, miña señora o que lle son. ¡Fun tantas

cousas neste baixo mundo! Agora adícome ó rexenerador choio da

lata... e dispense.

A catalana falou despois do Deuteronomio, do Pentecostés, do

Cantar dos Cantares!...

—¡San Froilán me valla, e Santa Minia me protexa! —dixo

encontra si o viaxante— esta é unha protestante, unha filla do desleigado

Lutero, que me quere arrecadar para a súa igrexa.

Chegaron a Cangas. Un fato de labregos, limpamente vestidos,

agardaban pola catalana. Era a comisión dos protestantes que iban a

unha misión.

Toda aquela patulea meteuse nun vapor que fai viaxes de cotío a

Vigo, e saíron para o dito pobo.

Un dos protestantes, mozo ben prantado, que debía saber manexar

ben unhas caínzas, desenfundou treidoramente, docemente, con

certa aquela de orgullo, un maldito acordeón, ese estormento que nos

tran do estranxeiro para castigo dos nosos pecados. O acordeón

comenzou a ranxer bravamente; e unha ducia de desentoados paisanos,

ceibaron ó aire unha cántiga sin gracia, como se saíra das gorxas

dunha comunidade aburrida...

“Aquí en estos mares

es Dios el capitán;

que rabien y que trinen

los hijos de Satán...”

169

Refírese ao poeta e filólogo provenzal Federico Mistral (Maillane, 8 de setembro de

1830 – Maillane, 25 de marzo de 1914). Escribiu, entre outras, as seguintes obras: Miréio

(1851), Calendau (1867), Coupa santo (1868), Lis isclo d’or (1875), Lou tresor dou felibrige

(1878), Nerto (1884), La reíno Jano (1890). Compartiu o premio Nobel de Literatura

co español Jacinto Echegaray no ano 1904.

170

Trátase do poeta catalán Jacinto Verdaguer (Vich, 1845 – Vallvidrera, 1902). É autor

dos coñecidos poemas Atlántida (1877) e Canigou (1886).

166

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!