15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

entre as fidalgas ricas daqueles tempos. ¡Que ollos azús, de fitar

modoso e solermiño de virxe céltica! ¡Que graciosa e xentil muller!

As olladas de tódolos mozos caeron sobre dela, aloumiñándoa

cobizosamente. Minia baixou a súa linda cabeciña, tinxíronse as súas

faceiras coa color dos ceos nunha aurora de groria, e despois de facer

unha cumprida cortesía, comenzou a trobar.

Mainiña, brandamente, os seus versos entraban nos corazós. A

fala gallega en labios da feiticeira fidalga, tiña unha dozura, unha

mimosidade, unha xentileza asoballante.

Comenzou a relación das feituras dos namorados galáns, de

maneira sinxela e nobre. Despois foise erguendo a súa doce fala co esa

lírica esgrevia propia das almas gallegas, lírica en que a ternura mistúrase

meigamente co ese modus dicendi varonil da nosa casta. E cando,

xa morto o namorado galán, acha sepultura ó seu rente a noiva malferida

de amor, e nasce, entre das dúas tumbas unha fonte cristaíña que canta

polo baixo aqueles amores infortunados... Cando os dous escuros alciprestes

medran alí sobre das dúas sepulturas, rexurdimento a unha nova

vida dos dous namorados; e siguen medrando astra toca–los ceos; e despois,

arrandeados pola maina bris do serán, xúntanse en solene e agarimosa

aperta... daquela a poesía era tan intensa, o lenguaxe tan elevado e

nobre, dunha enxebreza verdadeiramente celeste... que todos, señores e

fidalgos, poetas e labradores, baixaron a cabeza ó peso da fonda impresión

artística que esmorece as almas coa lembranza das cousas divinas.

—¡Minia! ¡Minia fidalga e fermosa, que levas no teu espíritu o

bico dos nosos grandes trobadores doutros tempos!... —dixo Fernán

Martís cheo de fonda emoción— ti cantaches na lingua das nosas nais,

na nobre fala en que Alfonso o Sabio fixo os seus loubores á Virxe

Sancta María! ¡Ti soupeche, mellor que ninguén, estremece–las nosas

almas! A regueifa é túa, túas as cen dobras de ouro, e túas tamén as

frores que cobren o trono do noso señor o Conde. ¡Benia quen canta

o amor na lingua que Dios nos donou!

Doña Sancha Rodríguez bicou á trunfante fidalga e donoulle as

frores que adornaban o patín. Tódolos presentes decrararon reina do

gay saber á feiticeira Minia, e unha muiñeira de groria espallou estonces

os seus solenes sons polas veigas dos estados de Andrade.

181

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!