15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

¡LEOPOLDIÑO!

“EU CASI SOPLO O LUME” 238

¿Conocedes a Leopoldiño ¿non Pois direivos que non se distingue

por ser grande nin pequeno, senón polas súas feituras que

mesmamente son contrafeitas como as dun choqueiro cativo mal

amañado nunha noite de antroido.

Leopoldiño tiña moita afición polo arte de Picadillo 239 , e un día

ademitírono a cociñar, nada máis que de nome, nun pazo gallego

onde había unhos señores moi serios que daban cobiza a máis dun

filólogo americano con ou sin bicornio. Pero non o ademitiron, naturalmente,

como tal cociñeiro, que ¡malpocadiño! nunca en cousa

semellante se vira, senón como simple pinche, ou como se di na Cruña,

de pícere.

Ademiteu o cargo, respondendo que se sentía moi honrado co

agasallo que lle facían.

Pasou algún tempo, e Leopoldiño perguntou a un dos cociñeiros

do pazo.

—¿Que teño de facer eu

—¿Ti O que fai o can de San Roque.

—¿E que fai o can de San Roque

—Lamber.

238

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 29, 4 de marzo de 1908, p. 6.

239

Pseudónimo moi popular de Manuel Puga y Parga (Santiago, 1974 – A Coruña, 1918).

Escritor costumista e de temas gastronómicos. A súa obra máis coñecida é La cocina

práctica (1905).

225

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!