15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

UNHA REGUEIFA 182

PARA ÁNGEL BARROS 183

O moi alto señor don Fernán Pérez, conde de Andrade 184 festexaba

o día do seu santo cunha regueifa, na que habían de loita–los desidores

e trobadores de máis sona dos seus estados, no ano de 1337.

O patín do castelo estaba cuberto de flores e loireiros, e no medio

había dous sillós rematados co escudo do nobre e podente conde.

Soaron as alarbeas, redobraron os atambores, tocou o gaiteiro

unha solene muiñeira, e apareceron o conde don Fernán e a súa dona

Sancha Rodríguez, xentil e graciosa, escoltados polo sabidor capelán,

Fernán Martíns e moitos fidalgos mariñás.

O conde e maila súa dona subiron ó patín: chamaron ó ilustre

capelán Martís, que foi traductor da Crónica Troyana; e logo dixo o

señor de Andrade.

—En nome de Deos, queda aberta a loita literaria. Cen dobras de

ouro do señor El–Rei don Pedro levar ha o desidor, xa sea fidalgo ou

182

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 19, 19 de decembro de 1907, pp. 5–6. Foi incluído na

edición de 1909 e nas posteriores.

183

Ángel Barros Freire foi presidente do Centro Gallego da Habana e exerceu unha grande

influencia sobre a colonia galega en Cuba nos primeiros anos deste século. Apoiou economicamente

o movemento agrarista e financiou viaxes e campañas de Basilio Álvarez.

184

Fernán Pérez de Andrade “O Bo” era fillo de Roi Freire de Andrade e de Inés González

de Sotomayor. Debe o seu apodo a unha expresión do pai (“Sé bo, que bo compañeiro

levas”), pronunciada cando Fernán acompañaba ao futuro Enrique II. Ténselle atribuído,

con bastante discusión ao respecto, o asasinato de Pedro El Cruel en Montiel no 1369.

Financiou a construción da ponte de Pontedeume, Sigüeiro e Ponte do Porco, os castelos

de Moeche, Andrade, Naraío e Vilalba, ademais de varias igrexas na comarca de Ferrol.

Mandou traducir ao galego a Crónica Troyana de Benvist de Saint More. Morreu en agosto

de 1397 e está enterrado na igrexa do convento de S. Francisco de Betanzos.

179

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!