15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

ca, dende o inicio, un distanciamento de case cen anos con respecto ao

momento no que está a escribir, distancia coa que pretende desvencellar

os feitos narrados doutros, máis ou menos coincidentes, que poderían

ter ocorrido na zona das Mariñas. Despois de que os dous capítulos

iniciais transcorran na data antedita, atopamos, no comezo do terceiro,

un salto temporal importante: “Xa pasaron dezaoito anos dende

os feitos”, creándose, xa que logo, unha elipse que o lector terá que ir

enchendo cos poucos datos que o narrador lle fornece ao respecto.

A hora, as doce da noite, e o tempo climatolóxico cos que se abre

a novela son os propicios para crear o ambiente de nocturnidade e

tenebrismo axeitados para a traxedia:

A ría de Sada, bruaba nestas horas facendo terrible

acompañamento ós tronos que estalaban nos outeiros veciños

como o berrido dun xenio de destrucción.

A tensión vai en aumento coa descrición das rúas desertas, nas

que só se adiviñan ao lonxe as luces dos mariñeiros, e coa afirmación

de que “solo por unha causa estrana saliría algunha persona á intemperie”.

É así cómo se introducen os personaxes nun ambiente de misterio,

que se mantén cando os anónimos protagonistas son acollidos

nunha casa na que “un candil de saín alumaba o cuarto con esmaiada

luz”. Esta esmorecente luz xustifica a visión confusa que do interior

da vivenda nos vai ofrecer o narrador. Cando dous protagonistas, Mingos

e Xuana, abandonan a casa levando no colo o meniño que acababa

de nacer, temos de novo constancia da importancia da noite para a

consumación do crime: “Cala, e sígueme, pois o día debe tardar pouco,

e entón todo se perdería”.

Durante o capítulo II, no que se produce o primeiro momento climático

da novela, ten lugar o percorrido nocturno de Xuana e Mingos,

que os conduce ata o penedo de Corbeiroa, para facer desaparecer o

recén nado, froito das relacións entre este e Marica. Xusto no momento

en que Xuana finxe tirar o corpo da criatura ao mar, prodúcese un

empeoramento do temporal, cun evidente ton apolalíptico e escenografía

romántica:

44

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!