15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

Dende aquel nunca ben lembrado plumífero, que ao ter conocimento

da súa morte ceibou unha carcajada histérica, que arremeteu

nun hipo de cuxo mal criado, astra o outro escritor de América

do Sur, que comete o pecado indino de pubricar unha carta de

Curros, que a caballerosidá máis rudimentaria aconsellaba non

reproducila; dende o desgraciado tradutor que di que rosmar é o

mesmo que gruñir, astra o imbécil do ánxel revelador... todas, tódalas

lamáchegas aproveitaron a morte do poeta pra lixaren o pechado

horto do bon sentido.

E os que se fartaron de inxuriar a fala gallega, os que aldraxaron

aos enxebres chamándolles retrógados, os que un día e outro

día non tiveron máis que apreciaciós imbéciles para a literatura

rexional; os mantidos de tódalas castas, que astra o víspera do célebre

esmendrellante e esmendrellado mitin non conocían un solo

verso do grande poeta... esos... trocáronse en israelitas carregadores

da arca da alianza, gardadora do verbe patrio e das grandes ideas

redentoras.

Quixérono honrar, e verteron sobre o nome do poeta a lesme da

lamáchega; falaron de tolerancia e amostráronse máis intolerantes que

unha kábila, esquencéndose da obra do grande poeta que en A palabra

pidía arremataran as liortas e preiteces

“Entre os que a Cristo adoran

a Osiris 250 y–Adonay!”

E aquel outro da carcajada histérica con acompañamento de

hipo impotente que en certa ocasión dixo en letras de molde, que

“anque por fóra era home por dentro era muller”, e outros que tantas

bágoas verteron, bágoas protásicas... que digan se nas altas horas da

noite, cando os restos do poeta estiveron no pazo do noso Aiuntamento,

se tan siquera pensaron en pór alí... Naturalmente, aquelas non eran

horas de eshibición...

250

Divindade suprema dos exipcios que, dende os tempos máis remotos, é xuíz das almas,

ademais de símbolo da resurrección, da felicidade e da inmortalidade. Nos xeroglíficos

máis antigos está representado por un ollo sobre un trono. Era fillo de Gabú e de Nuit,

neto de Ra e irmán de Nephthys, Isis e Set.

240

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!