15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

Cantouse o primeiro acto de Otello. Asunción, que facía unha

Desdémona 194 xeitosa e lanzal, foi moi apraudida.

—Non me gusta “Otello”, —díxome Cesáreo;— esta ópera non

debía representarse nestes tempos. A súa fábula é inmoral, dunha tiranía

abafante. Se non fose por ti, hoxe non viría aquí. A música é boa,

como cousa do inspirado Verdi, eso si. Pero cando a tiple cante a peza

gallega vaise a doer moito o teu patriotismo, meu quirido Asieumedre.

Xa verás a diferencia entre a nosa música pastoril, enxebre, queixosa, e

esa outra italiana que recolle e leva nas súas notas un mundo de inspiración.

—Xa sei, —respondinlle— que ti non queres sentir nin reconocer

a terra. As túas ideas prívanche de atopar cousa boa na música

gallega. Eu si; para min ten un encantamento brando, unha soidade

docísima que esperta no meu corazón as lembranzas do lar. Esas teorías

túas de cosmopolitismo son boas en... teoría; pero as nacionalidades,

as linguas, nas que nada puxemos os homes, obedecen a leises da

natureza, a acontecimentos providenciás da historia, e nós non podemos

reforma–la terra. En verdade che digo que en min ten máis forza

o recordo de miña nai, as lembranzas de cando era pequeno, que tódalas

doutrinas de Bakounine e de Tolstoi.

Os timbres de aviso soaron. Os músicos puxéronse nos seus

lugares, e José Castro Chané sentouse na alta silla do medio para dirixi–la

orquesta. O teón ergueuse paseniñamente. Na escena apareceu

unha aldea gallega na que non fataban alpendres, hórreos, árbores, etc.

Asunción Lantes saeu vestida de gallega. Un aprauso longo e

forte resoou estonces; aprauso de ademiración, de gratitude e agarimo.

Chané, o músico inspirado, ergueuse e marcou o primeiro compás

da melodía. A tiple comenzou

“Como ti vas pra lonxe

i eu vou pra vello,

un adiós Mariquiñas

194

Deuteragonista da traxedia Otello. É a filla dun nobre veneciano e está casada co protagonista

da obra. É estrangulada no último acto polo seu marido, vítima dos celos. É a

máis patética das heroínas shakesperianas, pasiva e indefensa ante o mal, só sabe opoñer

a dozura e a paciencia ás ofensas e ás inxustizas.

188

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!