15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

—Joaquín, salao, dame la patica. ¡Esto es candela!

O ESCARMENTO 154

¿Conocede–la vila de Sada ¿Non Pois abofé como o sinto

moito. Inda que é pequena, a xentil e bonita non lla empata ningunha

outra das vilas mariñeiras de Galicia.

Abonde con decirvos que ten unha campiña feiticeira, ridente,

como en ningures teredes visto; e que a vila está no final desta campiña,

gardada polo Couto e máis polo alto de Oucés como unha xoia

pra que non a firan os feros coriscos da crúa invernía.

Mais, preto de Sada, á man esquerda según se entra pola carretera

da Cruña, hai un monte nomeado Lixandre, que sempre deu que

pensar a nenos e vellos. Non se ten noticia de que se atrevera ninguén

a entrar de noite naquela arboreda.

No medio do monte hai aínda un croio que non poden abrazalo

dous homes, e que lle chaman a pedra das agullas. Decían noutros

tempos que quen tocara a esta pedra morrería dentro dos nove días

xustos, debido a un encantamento que lle deran os mouros. Pola banda

do Este está a moi nomeada Quenlle, que os homes sabidos din que

foi unha mina de estaño no tempo dos fenicios, pero que agora é o

sitio onde se xuntan de noite as estadeas, meigas e lugrumantes pra

faceren palramento. Polo menos así coidaban fai anos os viciños da

vila, e non sei se pensarán o mesmo agora.

Os trasnos non tiñan feito mal algún que se soupera. O que tiraba

o sono dos labradores eran os conxanados raposos que vivían a

centos no monte de Lixandre. Non pasaba día sin que deixaran de

154

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 21, 4 de xaneiro de 1908, pp. 5–6. Reproducido en libro

na edición de 1909 e seguintes.

141

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!