15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

A COVADANCA 260

Ao meu quirido amigo Xan Beltrán e Muiños 261

¡Cantas veces me ten privado do sono aquela cova medoñenta,

que abre a súa boca na ribeira de Morazón e vai a dar non se sabe

onde, pasando por debaixo do castelo de Fontán 262 ! ¡Furnia espantosa,

chea de tebras, na que vivían os trasgos da mitoloxía gallega, tales

como meigas, lugrumantes, lumias, estadeas e sirenas! As sagas

escandinavas non teñen a forza poética destas crenzas gallegas, dinas

de seren estudiadas dinantes de que morran para sempre diante do progreso

que non admite máis poder que o da razón.

¿Quen se atrevía a entrar na Covadanca, senón un home capás de

loitare con tódalas forzas desconocidas dos infernos

—A Covadanca, a cova encantada de Fontán, —decíame cando eu

era neno un vello mariñeiro de Sada— é a que dá sona dun home valente

ao que ten callo para entrar nela astra a fin. Primeiro vaise camiñando

a media lus, como na hora dun triste lusco e fusco. Os animás de feituras

estranas, como os que atormentan aos condenados no inferno, fuxen

espantados a agachárense na terra. Despois vaise estreitando pouco a

pouco a cova, o aire non abonda case para vivir, o corazón latexa acongoxado;

na cabeza e nas veas bate o sangue como se foran a estalar... ¡O

frío comenza a aterecer o noso corpo... e espanta a infernal barafunda

que fan os animás de raras feituras que se agacharon no fondo da terra!...

260

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 46, 16 de xullo de 1908, p. 5.

261

Comerciante, político e escritor coruñés, foi un dos asinates do Manifesto de Setembro

e membro activo de Solidaridad Gallega. Escribiu conxuntamente con Uxío Carré El

Catecismo solidario. Na emigración cubana publicou Historia de una subasta y subasta

de varias historias (1915) e Las armas de Galicia (1923)

262

Lugar do concello Sada situado a 1 km. da capital.

255

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!