15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

A MAREIRA 264

A Suárez Picallo 265

Na beira do mar, alí onde se xuntan as augas do Cantábrico coas

do Atlántico, no corruncho máis deleitoso da ría amada por Brigo, hai

unha vila ridente e branca adicada somente ás tarefas da pesca.

Un longo areal, en todo o frente, é o seu principal istrumento de

vida. Nel tenden as redes para seren recompostas; varan as graciosas

264

Publicada por primeira vez n’ A Nosa Terra, Ano VI, nº 155, 15 de xaneiro de 1922,

p. 3, asinado por Asieumedre. Foi reproducida posteriormente como apéndice ao poemario

Ardencias.

265

Ramón Suárez Picallo naceu en Veloi, no concello coruñés de Sada, o 4 de novembro de

1892. Emigrou a Buenos Aires en 1912, cidade na que traballou en diversos oficios e participou

activamente na vida sindical e política, dende unha militancia socialista nos comezos e

comunista na década dos 20. De clara formación autodidacta, iniciouse no xornalismo en Adelante,

e posteriormente dirixiu o xornal Libertad. A súa relación co galeguismo chegou ao

incorporarse á revista Céltiga, en calidade de codirector, xunto con Eliseo Pulpeiro, Blanco

Amor e Ramón Lorenzo Garrido. Escribiu nesta época a peza teatral Marola e colaborou nas

tarefas organizativas da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales de Buenos

Aires. No 1930 promoveu a VI Asamblea Nacionalista, celebrada na Coruña, e defendeu a

adscrición republicana do galeguismo, así como o seu ingreso na ORGA. Foi Suárez Picallo

o representante desta organización na asemblea que serviu para elaborar o anteproxecto de

Estatuto de Autonomía, e debido á súa destacada participación nela foi nomeado candidato a

deputado pola ORGA. Resultou elixido deputado en 1931 e ingresou no Partido Galeguista a

finais dese ano, despois de que a ORGA abandonase as teses federalistas. No P.G. defendeu

unha orientación esquerdista, que lle valeu máis dun enfrontamento dialéctico con Otero

Pedrayo. Nas elección de 1933 perdeu o seu posto de deputado e dedicouse a continuar os

estudios de Dereito, nos que se licenciou en 1935, e a colaborar na prensa da época: A Nosa

Terra, Ser e El Pueblo Gallego. Nas eleccións de febreiro de 1936 volveu ser elixido deputado,

nesta ocasión nas listas da Frente Popular. O estourido da Guerra Civil sorprendeuno en

Madrid con Castelao. Da capital do Estado trasladouse a Barcelona (onde colaborou con Nova

Galiza) Francia, Estados Unidos, Chile e Arxentina. Nesta etapa da súa vida organizou, xunto

con Castelao, o Consello de Galiza. Faleceu en Buenos Aires o 14 de outubro de 1964.

259

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!