15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

—Pois direivos, meus queridiños, —dixo o raposo con meigo

falar que chegaba ó fondo dos corazós dos que escoitaban— eu sei

que tedes moito medo ós raposos ladrós do monte de Lixandre, que

mesmamente non vos deixan acougar. Dádesme lástima, abofellas,

porque a vosa vida é ben arrastrada e triste. Coma se fosen pouco

os traballiños que pasades na eira, e maila negra fame que sofrides

polo esquencimento do señor dono, o voso único porvir é arrematar

na cazola de calquera camanduleiro. A min doime a ialma cavilando

sobre da vosa asoballada e humilde condición, dina de

mellor sorte...

—¡Vaites, vaites! —dixo estonces bulronamente un galo vello,

que non se movera do poleiro.

—¡Es un can de boa lei, ho! —añadeu o galo máis novo que conversaba

dende a porta.

—Como tedes moitos enemigos —sigueu falando o raposo— o

voso dono prívavos da libertade pra que os raposos ladrós non vos finquen

o dente. ¡Prívavos da libertade, meus quiridiños, que é a maor

desgracia que pode caír sobre un animal, a quen Dios deu aas, como

a unha aguia, e que as malas fadas os teñen escravos entre valados dun

curro! Eu non podo permitir que vivades desa maneira. Movido dun

forte sentimento de amor e solidaridade, veño a ofrecervos a miña proteición,

xurándovos que escorrentarei tódolos raposos que vos queiran

roubar...

—¡Viva o can do señor Chinto!

—¡Viva! ¡Viva! —berraron galos e galiñas, menos o galo vello

que aínda seguía empoleirado.

—Pois abride a porta, meus quiridiños, pra seguir a conversa,

que aquí fai un corisco que tolle.

Iba o galo pequeno a dar un pulo pra empuxar co pico o tarabelo,

cando o galo vello baixou súpito do poleiro, e dixo:

—¡Alto aí! Aos animás que non son da nosa condición non hai

que dar creto. Acougade, e deixádeme falar con ese can, ou o que sea.

¿Ere–lo can do señor Chinto

—Son, —dixo o raposo.

128

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!