15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

da igrexa parroquial que pola súa mesma familia ¡e malpocado do

viciño que se metera coas cousas da súa freguesía!

Un día botouse a cavilar... Pareceulle que o que lle daba o crego,

e as propinas dalgunhas devotiñas, non abondaba para a mantenza da

súa casa, e acabou por trocar de rumbo. De sancristán pasou a porteiro

dunha sociedade revolucionaria, enemiga de reises e de cregos, e alí

logrou un xornal que endexamais soñara nel. Se medrou ou non

medrou o home do noso conto, abonda con decirvos que, despois dalgún

tempo, pasou a sere un dos patrós da Sociedade.

Outro día foi en compaña dalgús amigos á casa dun médico que

recibira un aparato para facer fotografías polo endiañado sistema dos

raios X. Ben sabido é que con estes aparatos vense, a través do coiro,

tódolos osos e retrátanse ademais as cousas duras ou de metal que un

poida levar enriba de si.

Tódolos amigos fóronse poñendo, un a un, diante do aparato.

Os seus corpos víanse craros como se fosen feitos de xelatina, ou

como estadeas medoñentas. Cando lle chegou a vez ao sancristán...

¡que se queres! non había xeito de se deixare enfocar. Tanto lle dixeron,

tanto mallaron nel, que por fin prantouse medosamente... tembrando

diante do obxetivo, e... ¡virxe do Carme! O sancristán tiña no

peito unha crus de metal de media cuarta de longo, e no peto esquerdo

da chaqueta unha navalla toureira desas que os chulos da Moura

chaman lenjua de vaca.

A risa entre dos que alí estaban foi escacharrante, desas que fan

doe–las illargas.

—Meu amiguiño, —díxolle un dos presentes tocándolle no lombo—

vexo que sigues sendo sancristán por dentro.

—E ti que queres... —respondeulle— por moitas voltas que lle

deas neste mundo o primeiro é a mantenza.

—Tes razón, meu mantidiño, tes razón.

218

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!