15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

socorridos para Lugrís na súa obra literaria, os abusos dos caciques.

Neste caso, Ánxela, unha muller de trinta anos que ten o home na

cadea, sofre os continuos acosos de D. Francisco da Pena, o cacique

vinculeiro. Un ano máis tarde publica Minia 44 , representada no Teatro

Jofre de Ferrol o 19 de marzo de 1904 e dedicada a Luciano Marchesi

Buhigas. O título, desta volta, indícanos o nome da protagonista, unha

nai solteira de vinte e seis anos que vive co seu fillo Fiz, froito dunha

relación de mocidade con Xacobe, o primoxénito do cacique, cando ela

estaba a servir na casa dos fidalgos. A obra coa que Lugrís completou

a súa contribución á Escola Rexional de Declamación foi Mareiras 45 ,

estreada no Teatro Principal da Coruña o 16 de outubro de 1904 e coa

que se achega por primeira vez ao drama longo en prosa. Ábrese a obra

cunha dedicatoria á súa dona, Pura González Varela, asinada na Coruña

o 17 de outubro de 1904, na que di o seguinte:

Neste drama non fixen máis que un traballo de recolleita.

A feitura e maila trama son miñas; o demais é unha transcrición

máis ou menos mala. Son lembranzas da miña niñés,

que cando rexurden fano co recordo puro, agarimoso e santo de

miña nai, que dorme o seu derradeiro sono no cimiterio desta

meiga e quirida Cruña, desta patria sempre idolatrada.

Nela naciches ti, Pura González, miña dona ben amada,

para se-la compañeira da alma, para me donar forzas na loita,

inútil por ser miña, en favor desta Galicia, para nós tan quirida;

ti é-la nai cariñosa, a nai galega, dos meus filliños; e por

iso quero xunta-lo teu nome neste traballo literario, que, inda

que fose o máis cativo dos que teño feito, será sempre para min

o máis amado por viviren nel lembranzas do lar paterno.

Segue unha introdución na que comeza aclarando que: “Inda que

teñen os nomes trocados, tódolos personaxes desta obra viviron, e

algúns deles foron moi amados por min”, e fai unha evocadora lembranza

dalgúns personaxes da súa infancia en Sada.

45

Drama en tres actos en prosa, A Coruña: Imprenta y Fotograbado de Ferrer, 1904, 60 pp.

46

Temos coñecemento disto a través dunha copia da acta de inauguración do monumento,

que se publicou n’ A Nosa Terra, nº 39, 19 de maio de 1908, pp. 1-2.

21

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!