15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

OS PRIMEIROS VERSOS 211

Era un día de festa do mes de nadal de 1880. O ceo estaba cuberto

de nubarrós pardos que acochaban o sol, infruíndo a que a tarde

fose mais melancónica do que acostumaban a ser as do outono.

Eu camiñaba polo quinteiro que dende Oleiros leva ó Porto de

Santa Crus 212 , frentre á Cruña.

O camiño estaba cuberto de estrume e follas de castiñeiro que

amainaban o ruído dos meus pasos.

Sobre a cume dun souto víanse as campás da igrexa de Lians 213 ,

e á outra banda erguíase a torre de Hércules sobre us penedos en que

se desfacían as marexadas causando un xordo rumor que se misturaba

co run–rún dos pinares.

Encontrábame xa na Lóngora 214 , frondoso rueiro cheo de longos

soutos e pinales espesos.

De moi lonxe, escoitábase vagamente o barullo da foliada que se

facía no lugar de Coruxo 215 .

Os sons da gaita chegaban astra min esmaiadamente, facendo

medrar aquela tristura que cuasemente érame agradabre.

211

Publicado n’ O Galiciano, Ano III, Parola 86, 15 de maio de 1886.

212

Aldea da parroquia de Liáns, situada a 3,2 Km. da capital do concello de Oleiros.

213

Parroquia do concello de Oleiros, delimitada pola baía da Coruña e a parroquia de Dorneda

ao norte, Nós e o Temple ao sur, Meirás ao leste e o Perillo polo oeste.

214

Aldea da freguesía de Liáns, dista 3,2 Km. de Oleiros.

215

Coruxo de Arriba e Coruxo de Abaixo son dúas aldeas da parroquia de Liáns, no concello

coruñés de Oleiros.

207

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!