15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

Aquela pequena forza, levaba a misión de dar aviso aos destacamentos

franceses de Pontedeume e Ferrol pra facer unha concentración;

porque os gallegos tiñan xa organizadas as súas tropas, e viñan

do sul barrendo aos invasores. Faltaban aínda cinco días para a batalla

do Ponte Sampaio 225 , de eterna lembranza.

—Non teñades coidado —pensou para os seus adentros don

Rafael— a vosa misión será a de ser comidos polos peixes desta ría,

anque eu sufra a mesma sorte.

Chegaba a lancha ao medio da ría —que ten tres millas de

ancho— e sentíase xa a maneira que decote fai a barra que chega hastra

o Pasaxe do Pedrido 226 .

Don Rafael botou unha ollada para a vila onde quedaban as máis

caras xoias do seu corazón; mirou despois para a igresia que no cume

dun couto parece bendecir a fermosura deleitosa daquela campiña

ridente que se estende ao seu pé. Despideuse co pensamento das afeiciós

todas da terra.

—¡A patria o quere! —dixo para si.

Disimuladamente levantou unha táboa do empanetado, e co pé,

tirou o tapón.

Volveu de novo a poñer a táboa; aos poucos minutos a lancha

tiña ao seu bordo moita auga. Xa comenzaba a saír, polo empanetado.

O capitán francés adiviñando algo, tirou do sable e dirixíndose ao

alcalde, díxolle:

—¡Brigand! ¿qu’ est ce que tu as fait

—¿Que fixen Que aos enemigos da miña patria non podo prestarlles

máis favor que lles dar morte.

—¡Oh! tu mouriras...

Non lle deixou acabar D. Rafael. Lixeiro coma o vento, tirou da

faca e cravouna no peito do francés.

225

Tivo lugar os días 7 e 8 de xuño de 1809 e con ela rematou a ocupación francesa de Galicia.

A “División del Miño”, constituída maioritariamente por xente do pobo e por moi poucos

militares, derrotou ao Sexto Corpo do Exército francés, mandado polo mariscal Ney.

226

Aldea da parroquia de Moruxo situada a 1,8 km de Bergondo, concello ao que pertence.

213

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!