15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

No 1927, coincidindo coa morte do seu irmán Plácido, co que

mantivera unha excelente relación na emigración, e ao que chegou a

dedicarlle o conto titulado “A espada do fidalgo”, publica o poemario

Ardencias 83 , coa seguinte dedicatoria:

“Para a xenerosa

e ben encamiñada mocedade galega,

que mantén acesas no corazón

as ardencias pola nobre causa do noso rexurdimento,

escritos foron estes versos,

derradeiras e humildosas flores

do meu xardín inzado de ilusiós e de esperanzas”.

M.L.F.

Consta esta obra das seguintes partes: “Acordes de mocedade”,

catorce poemas centrados na evocación da infancia, ás veces idílica;

“Da Mariña”, con nove poemas que nos trasladan á terra nativa do

autor; “D’outrora”, dez poemas recuperados doutras publicacións, e

“En prosa”, un apéndice que inclúe os contos titulados “Lenda de Brigo”

e “Mareiras”, ademais do discurso antedito.

A súa última obra poética, As Mariñas de Sada 84 , xorde como

homenaxe á sociedade “Sada y sus contornos” e recolle seis poemas

centrados no espazo e no tempo infantil, algún xa publicado en anteriores

volumes, e un deles, titulado “A fala e a terra”, foi lido no xantar

co que a devandita sociedade festexou os primeiros exames das

escolas de Educación Primaria, o 8 de xullo de 1928 85 . A homenaxe

foi recíproca porque, dous anos despois, “Sada y sus contornos” organiza

un acto para agasallar a Lugrís.

84

A Cruña: Zincke Hermanos, 1928, 20 pp.

85

Neste ano temos noticia a través do Boletín de la Real Academia Gallega, (nº 206,

xullo 1928, Ano XXIII, p. 54) dunha curiosa anécdota que fai referencia a Lugrís; a

doazón dunha peza arqueolóxica do neolítico. Refírense a este feito coas seguintes

palabras: “Nuestro querido compañero de Academia D. Manuel Lugrís Freire ha donado

a esta corporación una interesante hacha neolítica que encontró en el cercano monte

de Elviña”.

86

Tal e como reflite no conto titulado “Tiña razón”.

33

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!