15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

Foi bon poeta, máis grande orador, por riba de todo un

caraiter, que pon a enérxica priguiza dos fortes, por outras causas,

nos deixou o zume da poesía que poidera deixar na copa de

pedra do hourizonte galego. (...)

Sempre foi o Cantón e a calle Real ágora e academia

de bos conversadores. Lugrís era alma de tertulias, palabra rexa,

pintoresca, expresiva. Non acedo, nin irónico. Era home de peito

para atacar de frente e pra recibir e responder ós ataques.

Outra semblanza dos últimos anos chéganos a través de Jenaro

Marinhas del Valle 90 :

2.1. O penedo do crime.

Publicouse esta novela curta por entregas no xornal habaneiro El

Eco de Galicia 92 , no que Lugrís Freire comezou a súa carreira literaria,

mercede, en boa medida, á amizade que o unía a Waldo Álvarez

Ínsua 93 , o director do devandito semanario. A obra viu a luz entre o 14

de setembro e o 28 de decembro de 1884, nos números 116, 118, 123,

126, 130 e 131, que se reparten un total de once capítulos, encabezados

con números romanos, e un breve epílogo final que resume o devir

dos personaxes. Obsérvase unha case exacta correspondencia entre a

estruturación coa que Lugrís concibiu a obra e a súa publicación na

prensa. Deste xeito, o extenso capítulo I saíu íntegro na primeira

entrega, o II e o III na segunda, o IV e V na terceira, o VI, VII e parte

do VIII na cuarta. Na quinta entrega publicouse a parte restante do

92

Semanario que viu a luz na Habana dende o 8 de marzo de 1878 ata o 5 de novembro de

1901, con interrupcións en 1881 e 1882, constituíndose como a primeira publicación periódica

galega da emigración en América. Pretendía defender a colectividade galega residente

en Cuba. De carácter bilingüe, acolleu nas súas páxinas textos literarios galegos de Álvarez

Insua, Fortunato Cruces, Manuel García Barros, Antonio de la Iglesia, Lamas Carvajal, Galo

Salinas, Otero Pimentel, Lugrís Freire, Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, entre outros.

93

Xornalista e escritor que naceu na Estrada en 1858 e faleceu en Madrid en 1938. Destacou

pola súa actividade xornalista na emigración habaneira, a onde se trasladara en 1877

por discrepancias políticas coa Restauración. Na capital cubana fundou El Eco de Galicia

e participou na creación do Centro Gallego. Ten colaborado na Revista Galaica de

Ferrol, en El Heraldo Gallego de Lamas e no santiagués La Gaceta de Galicia.

94

Genette, Gerard, Palimpsestes, Paris: Éd. du Seuil, 1981, p. 9.

39

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!