15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Xabier Campos Villar

SOLIDARIDADE 273

Non esquencerei aos tres xorobados que vivían na vila de Sada

cando eu era un rapaciño. A súa conduta, a súa honradés, e o sofrimento

que se refrexaba nas súas caras, espertaron no meu corazón a

máis fonda amistade e simpatía.

Pedro era mestre de escola; Pepe, tiña unha barbeiría na rúa da

Ponte, á beira do mesmo río, e Xurxo ganábase a vida tanxendo un

acordeón nos bailes que a mocedade facía no lugar da Tenencia,

nomeado así porque nel había un caserón que noutrora sirvira pra gardar

as rendas dos Condes de Andrade.

É un sinal de baixa crianza nos cativos cando fan burla e escarnio

dos malfadados pola fortuna; mais, o que non se pode sofrir, é cando ese

torto instinto vive nas almas da xente de maor conocimento.

Na vila vivía un mozo talludo, chamado o Larato, que se adicaba

decotío, en compaña doutros lampantís, ao sport de facer mofa dos

xorobados. En verdade, que a vida facíaselles imposibre. Cando Pepe

estaba afeitando, cotenábanlle nos vidros pra que cortase ao parroquiano;

a Xurxo guindábanlle o acordeón pola xanela do salón, e

Pedro, o mestre, vivía compretamente abafado polas verbas que lle

adicaban, das que, a máis limpa era a de famento, como se ter fame

fora un delito persoal e non unha desigualdade social na que todos

temos responsabilidade.

Mais un día, o sentimento de solidaridade que xurde entre os que

son vítimas dunha mesma anguria, xuntou os tres eivados no areal, ao

rente dun vello galeón, que amparaba das furias do vento leste; alí, ao

273

Asinado por M. Lugrís Freire e publicado por primeira vez n’ A Nosa Terra, Ano XII,

nº 251, 25 de xullo de 1928, pp. 12–13.

269

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!