15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

¡PROTESTANTE! 168

A D. MANUEL SALGADO

O home do noso conto era un poeta gallego, que, despois de cantar

en versos valentes “os celtas fazañosos” e de soñar na redención da

súa terra, tivo que abaixar as súas fidalgas pretensiós de tal xeito que

acetou o cargo de viaxante dunha fábrica de folla de lata. ¡Triste sarcasmo

da súa sorte que o obrigaba a troca–lo comercio das musas pola

venta de envases para sardiñas, calamares e maragotas!

Alá foi polas Rías Baixas a face–lo choio —esto do “choio” vai

sin segunda— e despois de visita–las feiticieiras e nunca ben gabadas

rías de Noia e Arosa, chegou á limpa, branca e ridente vila de Bueu,

na ría de Marín.

Alí tomou pasaxe nun coche tirado por catro cabalos barrufeiros,

e saeu unha mañán cara a Cangas, sin outra compaña que a dunha

muller alta, seca, morena, de ollar intelixente, que polo modo de falar

era filla da nobre e traballadora Cataluña.

Era, abofé, unha dona que sabía moito de letras, e finaron por

falar de asuntos literarios.

—Yo també hago poesías ¿sabe vosté que m’aguste molt la literatura,

anque mel m’esté el desirlo.

—Canto me alegro; —contestoulle o viaxante Miguel, que así

se nomeaba o noso personaxe— Cataluña e mais Galicia teñen moitas

semellanzas.

168

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 16, 26 de novembro de 1907, p. 5, cunha nota na que se

indica “Ao meu quirido amigo D. Manuel Bolaño Noguerol”. Foi incluído na edición de

1909 e en todas as posteriores.

165

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!