15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xabier Campos Villar

¡LAMÁCHEGAS! 249

¡Que cousas, meu Dios, que descubrimentos, que probeza de

alma, e que esmendrelladuras de inmodestia saíron á lus co gallo da

morte do noso quirido poeta Curros Enríquez!

Cando cai sobre a terra unha chuvia maina e criadora, ínzanse as

veigas de noxentos vermes, chamados lamáchegas, que non deixan

herba limpa; do mesmo xeito, ao facérese o descubrimento de que

Curros era un grande home, un poeta de primeira, un vidente dos grandes

ideás de redención, —que xa tiñan fecundado os espíritus da

mocedade estudiosa e honrada— saíron tamén tódalas lamáchegas

literarias en compaña dos cucos da política. Loitaron como feras para

honrar ao seu modo a memoria do poeta, e negándolle ao mesmo tempo

direito a homenaxes públicos, dixeron tales cousas, foron tan intolerantes

e armaron tales argalladas, que mesmamente encheron as

almas de desconfianza e de tristura. Houbo un grande libertador, que

traballa a brincos, e que ten a fixeza das bolboretas, que na velada quixo

meter baza; e como tiña medo que estoupase o discurso embotellado,

argallou un mitin, onde tampouco lle estoupou o discurso, inda

que dixo tales cousas que nos deixou pampos. Chamou á porta do

galiñeiro, como o raposo do meu conto, pero atopou un galo que lle

pechou ben o tarabelo. ¡E o discurso sigue aínda embotellado, para

sorte do bon sentido!

¡Cantos amigos íntimos, cantos ademiradores do gran poeta

rexurdiron despois de morrere! Verdadeiramente que non se esprica

ninguén como Curros, que tanto trafegaba no Diario de la Marina,

tivese vagar pra escribire tanta carta particular.

249

Publicado n’ A Nosa Terra, nº 35, 23 de abril de 1908, pp. 5–6.

239

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!