15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

—Debes comenzar por deixar esta casa e volver prá túa.

—Con esto non faremos nada. Meu tío, anque eu non viva con

el, seguirá nos seus trece.

—Pois eu non adiviño outro remedio, a non ser que quixeras

fuxir da aldea e virte pra Portugal.

—Eso non pode ser, Manuel. Ti xa sabes canto che quero; pro

antes de nada teño que cumprir cos meus deberes e coidar da tranquilidá

de meus pais.

—É decir que renuncias a facer nada, que nada sacrificas polo

amor que tantas veces me xurache.

—Non sigas, Manuel; non me fagas máis anacos o corazón xa

dabondo magoado.

—Pro... xa que non pensas cumprir os meus consellos ¿pra que

me chamache

—¡E pregúntasmo! Para ver cómo nos hemos de escapar deste

compromiso dunha maneira que nos deixe quedar ben; pra volverche

a repetir os meus xuramentos de amor eterno; pra repetirche que antes

de non ser túa hei de morrer.

—¡Rosiña! ¡Rosiña! —dixo Manuel chantando un bico de amor

ardente na cándeda frente da rapaza— ti, que fuches o ánxel que amainou

os fondos doores que decote agachei na ialma; ti, que fixeche

nacer no meu corazón un amor tenro e santo que ocupou o sitio doutro

amor de que tiven a desgracia de carecer no mundo; ti non debes

deixarme nunca porque te quero como si foras virxe, porque si chegara

a perderte non sei que fin sería o meu.

¡Que poéticos estaban os dous namorados xurándose amor!

A lúa deixaba caer as guedellas de prata sobre os nosos personaxes,

e o vento era tan mainiño que deixaba ouvir os latexos dos

corazós dos dous namorados, que parecían esas melancónicas figuras

de que nos falan as baladas alemás.

Non siguirei o paroleo que tuveron despois. Mingos quedou en

pensar cal sería o máis conveniente pra opoñerse ós proieutos do

señor Mingos; e dimpois dunha despedida cariñosiña, volveu a saír

por onde entrara.

96

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!