15.02.2015 Views

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

Manuel Lugrís Freire. Edición e análise literaria. - Centro Ramón ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire

—Conte canto queira que llo agradecerei.

O vello sentouse nunha pedra, das que sirven para as palancas de

prensa–la sardiña, e comenzou a falar, ó mesmo tempo que picaba

tabaco para un pitillo.

—Pois verá, señor, pois verá. A illa de Sálvora, aló polo ano de

1840, se mal non me lembro, era propiedade do Conde Malvar. Non

quitaba dela un ichavo, porque alí non vivían máis que as gaivotas.

O maordomo do Conde, un tal don Visente, mercou a illa, e mandou

a ela quince familias de labregos, para as que fixo dinantes cachoupiñas.

Pasados dous meses presentáronse tódolos viciños da illa no

Caramiñal, diante da casa de don Visente, e un deles falou en nome

dos demais:

—Don Visente, que me non coma unha centella se podemos

vivir en Sálvora.

—¿E logo ¿non é bon o terreo

—O terreo non é malo, non señor, que está folgado e medra ben

o froito... ¡pero haille tantos conexos! ¡furaron de tal xeito o chan!

¡Vaia! decímoslle que alí non se pode vivire, e ímonos.

—De ningunha maneira. Eu vos mandarei unha casta de gatos

que acabarán cos conexos.

Aos catro meses volveron os labregos de Sálvora, e dixéronlle a

don Vicente.

—Don Visente, non pode ser. Malos burases me non coman

no fondo do mar salado se podemos vivir. Os conexos xa foron

mortos polos gatos, que nos mandou vosté, pero agora son tantos

os gatos, que non pode haber cristiano que perda o xuício coa barafunda

que eles arman. Ademais, como estamos no Xaneiro, pola

noite andan os gatos á xaneira, con perdón... e... don Visente, aquelo

élle o inferno.

—¡Boh! ¡Boh! Eso romédiase con solimán, ou con pan de vidro.

Eu vos mandarei con qué mata–los gatos.

Volveron os labregos para a illa. Pasaron tres anos sin novedade, e

cando xa don Vicente coidaba que a colonia de Sálvora estaría satisteita,

158

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!