11.01.2013 Views

Os dados do reloxeiro

Os dados do reloxeiro

Os dados do reloxeiro

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

124 Os dados do reloxeiro

ciclo de vida destes pequenos animais –teñen pouco menos dun

milímetro de longo– é unha historia impresionante de interdependencia,

de coevolución entre plantas e insectos. Os figos que crecen nas

figueiras das nosas latitudes son os leitos matrimoniais, as gardarías e os

cemiterios dun xénero de avespas chamado Blastophaga. No caderno de

bitácora das figueiras hai moitos contos como o que segue.

Buscando un fogar desesperadamente

A historia comeza cando unha avespa femia, atraída pola música

química da súa figueira particular, intenta pasar, a través dunha minúscula

apertura situada no ápice do sicono aínda verde, ao seu interior,

operación en que pode perder as ás. Non importa, non vai precisar máis

delas. Nese momento, na base do escuro interior do figo, as flores

femininas están maduras e listas para ser polinizadas. No ápice, as flores

masculinas agardan aínda inmaturas. A avespa, co seu longo ovipositor,

deposita centos de ovos no interior doutras tantas flores femininas,

convertidas a partir de agora en nais de alugueiro: modifican a súa

función e convértense en bugallos. É o momento, tamén, de pagarlle á

figueira a peaxe acordada: a avespa leva nas patas o pole que recolleu ao

saír do figo en que naceu. O insecto colabora coa reprodución da

figueira, distribuíndo ese pole polo resto de flores femininas. Terminado

o seu traballo, morre no interior do figo.

Vostede primeiro, por favor

Mentres tanto, nos bugallos crece unha nova xeración de insectos, que

nace ao cabo dunhas semanas. Isto ocorre dunha maneira extremadamente

ordenada: primeiro nacen as avespas macho, que inmediatamente

se poñen a buscar bugallos que conteñan femias. Cando as

encontran, fan un pequeno furado e copulan a través del coa femia que

hai dentro. A continuación, os machos levan a cabo o seu derradeiro

traballo, tradean na parede do figo unha saída ao exterior; mais non o

fan en calquera parte, senón que escollen a rexión apical, onde se

encontran as flores macho. Algúns sairán a fóra e caerán ao chan –non

teñen ás, non as precisan–, outros morrerán no interior do figo que os

veu nacer.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!