15.02.2015 Views

Descarga en formato PDF - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF - Centro Ramón Piñeiro para a ...

Descarga en formato PDF - Centro Ramón Piñeiro para a ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Evaristo Domínguez Rial. Fraseoloxía e paremioloxía de Bergantiños (Cabana de Bergantiños, Carballo e Coristanco)

390. ser pan comido l. v. Resultar moi

fácil a realización do que se pretende

facer. Iso que ti me dis é pan comido.

391. ser pan comido l. v. Ser moi fácil de

facer ou conseguir. Iso que dis é pan

comido.

392. ser peor cás galiñas l. v. Muller que

anda ou lle gusta andar con moitos

homes, por comparación cos galos e

galiñas. Esa muller non sae de xunta

os homes, é peor cás galiñas.

393. ser unha laverca l. v. 1. Estar

falando seguido. 2. Descarada. A esa

non lle fagas caso, que é unha

laverca.

394. ser [dúas persoas] coma dúas gotas

de auga l. v. Ser fisicamente moi

parecidas [dúas persoas]. Esas dúas

irmás son coma dúas gotas de auga.

395. soltar a galiña l. v. Dar ou gastar os

cartos a contragusto.

396. subírselle [a alguén] os fumes l. v.

Ensoberbecerse, volverse moi

presumido. Cando un ten moitos

cartos, é moi fácil subirselle a un os

fumes.

397. ter a cabeza a paxaros l. v. Estar

alonxado da realidade. Non pensar

no que se fai. Xa está ben de ter a

cabeza a paxaros.

398. ter a cariña coma unha presa l. v.

Ser un bebé moi miudiño.

Probablemente ao ser tan miudiño

pero feitiño e guapo dan ganas de

collerlle a cabeza entre as mans coma

se fose unha presa de millo. Era tan

pequeno o meniño que tiña a cariña

coma unha presa.

399. ter aghonía pra algo l. v. Ter

ánimos para facer algo. Non fas máis

que romper cousas, bo é que teñas

aghonía para algo.

400. ter boca de mel e mans de fel l. v.

Ser hipócrita.

401. ter cara de beato e uñas de gato l.

v. Ser hipócrita.

402. ter cara de can l. v. 1. Estar

enfadada [unha persoa]. 2. Estar

desapacible [un día]. Sempre está a

ter cara de can.

403. ter carne de galiña l. v. Erguerse a

pel co medo ou co frío. Co frío é

fácil ter carne de galiña.

404. ter ganas de traballar pero o corpo

non deixa l. v. Non se dar posto para

facer un traballo. É desculpa que dá o

que é lacazán. Eu teño ganas de

traballar pero o corpo non me deixa.

405. ter máis merda que un pau do

galiñeiro l. v. Estar moi, moi sucio.

As galiñas, cando van para o

galiñeiro, gústalles moito subir a algo

que estea elevado e logo alí fan as

súas necesidades polo que todo acaba

estando moi sucio. A ver se te lavas,

que tes máis merda que un pau do

galiñeiro.

406. ter máis ollos ca boca l. v. Ser moi

goloso. Querer todo e non comer

nada. Non botes tanta comida que tes

máis ollos que boca.

407. ter máis ollos que barriga l. v.

Botar no plato máis comida da que se

é capaz de comer, por ser moi

larpeiro. Bota menos comida no

prato, que tes máis ollos que barriga.

408. ter moita chispa l. v. Ser moi

ocorrente, gracioso. Ten moita

chispa, é moi ocorrente nos seus

chistes.

409. ter moito garbo l. v. Ser moi

presumida [unha persoa]. Non é bo

ter moito garbo.

410. ter moitos fumes l. v. Presumir de

máis do que se é. Por ter moitos

fumes non vas ser máis guapo.

411. ter o corpo presente e a mente

ausente l. v. Non atender [unha

persoa] ao que lle están dicindo, por

Cadernos de Fraseoloxía Galega 13, 2011, 301-404. ISSN 1698-7861 331

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!