11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Obxectivos

Pensando nunha forma de exaltar a cultura galega

con estes nenos e nenas tan pequenos, traballei

esta tradición cos seguintes obxectivos:

- Coñecer a orixe de que Antón viva entre nós.

- Descubrir as diferentes partes dun porco.

- Aprender hábitos saudables: Saber cales son os

alimentos máis axeitados para as persoas.

- Respectar ós maiores e valorar as costumes que

nos transmiten.

- Querer e coidar os animais.

Actividades

Fixemos, ó longo dunha semana, variadas actividades:

Primeiro, os cativos e cativas elaboraron un mural

representando con plastilina un enorme porco.

Con el se decataron das diferentes partes que o

compoñen. Indicóuselles e comprenderon por

que o porco é un animal presente en case tódalas

casas do agro galego, xa que é o sustento

principal da nosa alimentación. Reforzaron esta

actividade co coloreado de siluetas de porco e

o posterior picado das mesmas. Todo isto valeunos

para ambientar a nosa pequena escola

durante uns días.

Nun segundo intre, utilizouse o nome de Antón

para o afianzamento dos grafemas “A”, “a”

IDEA 2005

para os nenos e nenas máis pequenos, mentres

que os maiores traballaron o campo semántico

dos animais domésticos e a construcción de sinxelas

oracións nas que estes animais eran os protagonistas.

A continuación seguimos coa alimentación do

porco. Falamos da sona que ten o chino de

comer de todo, pero non todo lle senta ben.

Logo fixemos un paralelismo coa alimentación

sa para os nenos e nenas, xa que tampouco

todo alimento é axeitado para as persoas.

Aprenderon un trabalinguas sobre o que come

Antón. Limos o conto “O porco Larpeiro”, servindo

coma aprendizaxe que as lambetadas non

son boas nin para Antón nin para eles.

Continuamos cunha xornada adicada ós maiores,

para favorecer unha relación máis próxima

entre as distintas xeracións. Para iso contamos

coa desinteresada axuda dunha avoa da vila

que veu á escola e relatounos a todas e todos

a historia do porco Antón, así como outras lendas

e historias e milagres que se atribúen ó

Santo, ademais de algunha anécdotas que

ocorreron co porco Antón en anos pasados, e

outras curiosidades que aconteceron na vila. Os

nenos e nenas seguiron o relato entusiasmados.

Lendas e historias

Sobre a actual situación da ermida hai varias opinións.

Hai quen di que se fixo nese sitio porque

no pobo había unha figura pequena do santo

que situaron nunha zona máis afastada e máis

arriba do lugar no que se atopa agora. A imaxe

que permanecía alí durante o día, disque á

noite aparecía noutro lugar, precisamente onde

agora se atopa a ermida. Isto sucedeu durante

varios días sen que ninguén fose capaz de explicar

e clarificar tal acontecemento. Por iso, pensouse

que quizabes fose o santo quen estaba

indicando onde quería que fose construída a

súa ermida.

111

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!