11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

fenómenos que obvio por non alongarme,

coido axudarán a comprender a situación educativa

mugardesa e as súas semellanzas e diferenzas

con outras áreas.

Primeiro.- Mugardos ten na ría de Ferrol unha

situación que, existindo daquela unha fluída

rede de comunicacións marítimas de pasaxe

entre as ramplas de Mugardos e O Seixo coas

de Ferrol e Coruña, poñía a vila na ruta de Ares

e O Seixo na de Pontedeume. No 1913 quedou

inaugurada a liña ferroviaria Ferrol-Betanzos,

cunha estación dentro do termo municipal,

aínda que certamente excéntrica. Dende

1912 existía liña telegráfica e dende 1924 telefónica.

Segundo.- Mugardos tiña unha elevada densidade

de poboación, pois en só doce quilómetros

cadrados había 6.739 habitantes "de dereito"

no ano 1900, que eran 7.401 no ano 1910,

7.514 no ano 1920, 7.487 no ano 1925, 8.147 no

ano 1930, 8.396 no ano 1935...; alta presión

demográfica que xeraba unha importante

emigración, especialmente a Cuba.

Terceiro.- A economía mugardesa baseábase

no tempo que analizamos no traballo agrícola

e mariñeiro, nas remesas dos emigrantes, pero

tamén nunha forte vocación laboral cara aos

Arsenais, estaleiros e á Armada, uns organismos

por certo con escolas propias, ás que sumar o

activísimo "Centro Obrero de Cultura", que

dende o ano 1911 existía en Ferrol, e a creación

no curso escolar 1927-1928 dun Instituto de

Ensino Medio nesa cidade.

Cuarto.- Xa temos anotado noutros lugares que

en Mugardos, O Seixo, Franza, San Xoán...,

houbo un temperán e potente asociacionismo

agrario, sindical, educativo e recreativo, fortificado

humana e ideoloxicamente polas idas e

vindas de emigrantes e mariñeiros e por aqueles

veciños que eran traballadores dos estaleiros

ferroláns. Asemade, ás estructuras partidarias

caciquís do turnismo da Restauración que

inmobilizou a vida política dende 1885 a 1923,

opúñanse circiamente -e cun certo éxito electoral

na década 1910-1920- agrupacións nos

seus comezos solidarias, a pouco republicanas

e da esquerda proletaria.

2.- O eido educativo en Mugardos

Debemos dividir esta aproximación en varias etapas,

por razóns que irán destacando nos seus

lugares.

140

A primeira xeira que podemos documentar

comeza no ano 1848, cando, seguindo a normativa

gobernamental, a corporación mugardesa

reactivou a entón denominada "Comisión

de Instrucción Primaria" competente só no ensino

público e preocupada fundamentalmente

polas cuestións económicas, pois aos concellos

correspondía abonar os salarios ao profesorado

e o mantemento, propiedade ou aluguer dos

locais escolares, daquela só unha escola de

nenos e outra de nenas no distrito escolar formado

pola capital municipal e a parroquia de

Meá, e outras dúas semellantes para un segundo

distrito que abranguía as parroquias de San

Xoán de Piñeiro e Santiago de Franza. Desta primeira

xeira coñecemos pola documentación

que na escola da capital municipal no 1849

estaba de mestre Andrés López con 66 nenos e

11 nenas, mentres que a escola de Franza, con

56 nenos e 13 nenas, estaba rexida por José

Carlos Díaz, de quen, curiosamente, sendo o

local escolar de propiedade parroquial católica,

anotan era "evangelista", supomos que de

relixión e non de profesión ...

Dende a promulgación no ano 1857 da coñecida

como Lei Moyano, aquel organismo pasou

denominarse "Junta Local de Primera

Enseñanza" cunha divagante, escasa e desigual

actividade, que a pouca documentación recolle

como unha case exclusiva preocupación

pola dotación orzamentaria das escolas, e

dende 1874, asemade, e sen que saibamos os

motivos aínda supondo eran froito da

Restauración monárquica e do centralismo,

pola defensa dunha rigurosísima ortodoxia católica

e da unidade da patria española, destacando

nese senso, sendo alcalde Pablo Gómez

no 1880, a promulgación dunha normativa

escolar que, entre cuestións prácticas como os

horarios, os exames e a limpeza, sinalaba taxativamente

no seu art. 7 "Que se prohiba a los

niños hablar el dialecto gallego en la escuela,

debiendo hacerlo en lengua castellana, que es

la española", nada menos..., aínda que o ensino

desgaleguizara ben poucos rapaces, xa que no

ano 1898, dos case oitocentos mugardeses en

idade escolar, só asistían á escola pública 98

nenos e 84 nenas en Mugardos-Meá, debendo

concorrer 48 nenos e 40 nenas de Franza-San

Xoán á escola situada na casoupa inmediata á

igrexa parroquial de Santiago de Franza e que

rexía o mestre Francisco Pita Pena dende había

dezaoito anos e canto menos até o ano 1914.

A segunda xeira, ben interesante, comeza no

1900, ano da creación gobernamental do

Ministerio de Instrucción Pública. Procedía en

IDEA 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!