11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

actual estructuración en tres ciclos de dous cursos

cada un no grao medio, fai que o alumnado

chegue ao terceiro ciclo, o de maior esixencia

en tempo de estudio individual do instrumento e

maior carga de horario lectivo, no mesmo

momento que cursan o bacharelato.

Un centro con carácter propio

Dada a relativamente recente creación de moitos

dos conservatorios públicos de Galicia e

sobre todo ás diversas orixes dos mesmos (conservatorios

municipais, privados, dependentes

da deputación, etc.), a personalidade destes

centros é bastante heteroxénea.

O CMUS de Ferrol singularizouse nestes últimos

cursos, sendo un dos máis dinámicos de Galicia

en diversas facetas como a organización de

cursos de perfeccionamento, concertos de

profesores, intercambios con outros centros,

ciclos de concertos de alumnos dos últimos

cursos, grupos de traballo e formación, audicións

trimestrais dos alumnos e alumnas de

todos os cursos, e sobre todo participación

activa na vida musical de Ferrol e comarca

mediante actuacións de profesores e alumnos

en infinidade de eventos aos que somos convocados

por institucións públicas ou privadas e

que nos dan a oportunidade de traspasar as

portas do noso centro.

É de destacar a creación de convenios cos concellos

de Ferrol e de Narón, o que posibilita que

os intérpretes que se achegan a Ferrol para dar

cursiños de interpretación non marchen sen

ofrecer un concerto ou recital, o que posibilitou

nestes últimos anos que Ferrolterra tivera un dos

ciclos de música de cámara máis interesantes

de Galicia.

IDEA 2005

Todas estas actividades son unha ferramenta

importante á hora de desenvolver a nosa principal

función, formar e sobre todo entusiasmar

aos mais novos coa música, tanto no goce da

interpretación como na súa escoita, e orientalos

nun período fundamental da longa carreira

musical.

Os profesores do centro que traballaron estes últimos

anos na elaboración do Proxecto

Educativo de Centro, adicaron especial atención

ás "notas de identidade". Chegados a este

punto unha das discusións mais interesantes, e

punto central do PEC, centrouse na proposta e

posterior decisión de incluír unha "formación

baseada en valores" tales como:

- A constancia no traballo, sendo este un valor

imprescindible para a práctica dun instrumento

e extrapolable a todos os ámbitos presentes e

futuros da vida do alumno.

- A autoestima. Un dos principais problemas que o

alumno atopa na súa vida profesional é a falta de

autoestima. A confianza no traballo feito á hora

de saír ao escenario é básica para afrontar este

reto. A confianza adquírese coa experiencia, e

para acadala poremos os seguintes medios: audicións,

concertos, cursiños e concursos.

- A autonomía. Tan importante como transmitir os

coñecementos ós alumnos é lograr que os apliquen

coa meirande independencia posible.

Para iso utilizaranse recursos como: fomentar a

análise e estudio de maneira individual de obras

asimilables sen que interveña o profesor; exercer

o alumno puntualmente como profesor, ante os

seus compañeiros, de temas xa adquiridos e asimilados…

- Traballo en equipo fomentando a responsabilidade

e cooperación mediante a participación

en agrupacións de cámara ou orquestrais nas

que o alumno tome conciencia de que o seu

traballo na agrupación é vital para o funcionamento

en conxunto.

- Relación entre alumnos, profesores e pais en calquera

das combinacións posibles baseadas no

31

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!