11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

18

conectan co seu mundo: «os escritores/as non son sempre señores moi serios con barbas, non están

sempre mortos hai moitos anos, ás veces teñen moito que ver co mesmo mundo que o alumno vive,

ademais a poesía non ten por qué ser sempre algo cursi que fala dos paxariños e as flores, hai unha

poesía para todos os gustos».

2. Que lembranzas deixou en ti a escola? Algunha delas chegou ou pode chegar a ser literaria?

Moitísimas. Na escola formeime, definitivamente, como escritora. Se os meus pais tamén deixaron

caer nas miñas mans libros de poesía para nenos (Gloria Fuertes principalmente) que constituíron as

primeiras lecturas que eu, por imitación -coma ocorre en calquera aprendizaxe básica- ía aprendendo

a reproducir nas miñas primeiras composicións poéticas, os mestres complementaron ese

impulso ofrecéndonos poemiñas que ler e comentar nas clases, dándonos cantigas que aprender

de memoria ou -especialmente- incitán-donos a experimentar a escrita das nosas propias creacións

poéticas, experiencia que resultou unha revelación en min. Así comecei a escribir os meus primeiros

poemas, moi vencellada á escola e contando sete anos, para despois expoñelos na aula. A apaixonada

recitadora que hoxe son, formouse impulsada polas profesoras de Ensino Xeral Básico que

me paseaban polas aulas de outros cursos declamando as pequenas mostras do meu modesto traballiño

poético infantil para sucesivos auditorios de compañeiras nenas coma min. O entusiasmo e

valoración por parte das miñas profesoras e das compañeiras animoume e es-timuloume a seguir.

Cheguei a converterme na «poetisa do colexio»; a miña timidez achaba un paliativo nesa pequena

e entrañable popularidade. A poetisa de once anos e medio que recita no medio e medio da

tarima. Un premio literario escolar foi o primeiro dunha afortunada longa serie que continuaría ate

os meus días.

3. Cales foron os heroes literarios da túa infancia e adolescencia? Coñecíchelos por medio da escola?

Gloria Fuertes foi a poeta da miña infancia, descuberta polos meus pais e tamén por algunha profesora.

Bécquer alimentou as miñas lecturas algo posteriores, tamén explicado por mestres, así como Rosalía.

Na miña adolescencia xa seguín pola miña conta, botando máis de menos un ensino que se correspondese

coas miñas demandas como lectora. As lecturas que propoñían as mestras eran interesantes,

pero non as que máis me interesaban. A aprendizaxe que máis me aproveitou foi a máis activa pola

miña parte: directamente a de aventurarme na miña propia escrita e a do seu estímulo, observación

e valoración por parte da escola.

4. Se escribiches algo que a xente nova tamén pode ler, o teu traballo como escritor/a precisou dalgunha

situación diferente a cando escribes, digamos que para adultos?

Coido que os meus dous primeiros libros resultan moi lexibles por público lector adolescente, pero se iso

é así será, sen dúbida, porque naceron tamén precisamente dunha pluma adolescente. Cando se

trata de lectores infantís xa é diferente; a miña poesía non resulta doada e penso que, de cara a desenvolver

un poemario para nenos máis pequenos -reto que se encontra entre as miñas máximas aspiracións

e propósitos- coidaría máis que nunca o referente receptor, algo que precisa da máxima e máis

delicada habilidade do escritor, ao meu ver.

5. Cres que as lecturas obrigadas na escola son un bon método para facer lectores?

O meu si sería un tanto elástico. As marxes, os prazos, o volume das lecturas debería ser laxo e, sobre todo,

o máis personalizado posible, integral e adaptado á realidade do alumno. Debería procurarse ofrecer

a cada alumno polo menos un libro de fóra do programa de estudios e que fose quen de conectar co

seu mundo, de enganchar a cada quen polos seus gustos, hábitos, afeccións. Hai persoas que resulta

evidente que non desfrutan coa lectura e polo tanto convén ser comprensivos -dentro dunhas pequenas

marxes obrigatorias- antes que crearse inimigos das letras. Pola contra, outras, requirirían unha orientación

especializada e ó detalle en canto ás lecturas que os enchesen.

6. Tes algunha idea ou suxestión para estimular a lectura dende a escola?

Buscar un número de obras de fóra do programa que funcionen -ao principio do curso- de captatio

benevolentiae que estimule a curiosidade e interese dos alumnos, textos capaces de conectar co seu

IDEA 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!