Nº 11
Nº 11
Nº 11
You also want an ePaper? Increase the reach of your titles
YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.
mundo, e traballalos na clase, facer lecturas en alto, pequenas representacións e outros comentarios.

Convidar a escritores reais capaces de achegar aos alumnos á realidade do universo da escrita e contaxiarlles

o seu entusiasmo. Recomendar libros que casen con eles (e coñecer a cada alumno para

facer as recomendacións máis personalizadas). Organizar actividades de contacontos, de representacións

de escenas literarias, de concursos literarios, de declamacións. Propoñer actividades próximas

aos «talleres literarios»: escribir un poema ou texto en prosa sobre un tema concreto, facer unha estrofa

sen utilizar a letra "a", pequenos relatos de xénero (terror, policial, etc.).

7. Cultura, educación, lingua, literatura... son fungueiros do mesmo carro. Cres que o escritor galego

debe escribir en galego? Os escritores galegos que escriben en español, fan literatura galega?

Por suposto, pouco importa ter nacido na Fonsagrada ou en Majadahonda: para ser un autor de literatura

galega o único requisito é que esta estea escrita en galego. Eu podo ser unha emigrante en

Francia e escribir toda a miña vida sobre a rutina en París e iso non me converterá en autora de literatura

francesa se estou a escribir sempre en galego, do mesmo xeito que Torrente Ballester é un señor

de Ferrol autor de literatura española, por moito que retratase o mundo galego. A única patria da literatura

é o idioma, é tamén é por iso que nós teñamos autores non galegos que escriben en galego e

así engrosan a nosa tradición literaria, autores que van desde Afonso X o Sabio ata Marilar Aleixandre,

de Santiago Jaureguízar a Eduardo Estévez.

De todo os xeitos, eu penso que cada quen debe escribir na lingua que escolla, e que ese sexa o seu

verdadeiro e leal compromiso. A miña escolla do galego como lingua literaria foi unha escolla baseada

nunca en criterios políticos -á marxe de que eu teña as miñas propias conviccións políticas- senón

estrictamente literarios, artísticos. Son moi consciente da tradición literaria á que escollín pertencer e á

que pertenzo, consciencia que me parece importantísima e aínda necesaria. Tamén hai escritores que,

en cambio, din ser escritores porque son escritores en galego -hai si pesan as motivacións políticas- e,

se ben entre eles se encontran algúns dos meus autores/as máis admirados, nada máis lonxe da miña

opción persoal.

Rosa Aneiros

1. Que pode aportar a literatura á educación? Que función educadora ten, se é que a ten, o escritor

ou escritora?

A través da literatura non só se conta unha historia. Creo que ás veces iso é o menos importante. O importante

da literatura reside en como contas esa historia, en como fas que o lector se introduza dentro

duns personaxes e vexa o mundo a través deles. Nese sentido a función educadora é fundamental.

Non porque o autor sexa unha voz autorizada moralmente para ditar sentenza sobre o mundo senón

IDEA 2005

19