11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

EEsculcar nos arquivos é a miúdo tarefa ingrata:

fondos perdidos ou que están mal clasificados,

documentos desaparecidos, censurados ou

"secuestrados", locais inhóspitos, desleixo institucional,

carencia de persoal, e, como máis

desagradable, persoas antipáticas ao seu frente.

Mais noutras ocasións -cada vez máis- quen

investiga é atendido eficaz e cordialmente nun

espacio cómodo, e con ledicia atopa aquelo

que percura. Son coñecedor de moitos arquivos

por mor de documentar os estudos históricos

dos que me teño ocupado, especialmente

botei moitas horas nos arquivos militares de

Ferrol e Coruña e nos dos concellos de Ares,

Cabanas, A Capela, Fene, Miño, Monfero,

Mugardos, Pontedeume e Vilarmaior; nestes

arquivos municipais hai material abondo, xeralmente

moi descoñecido e pouco estudiado,

que pola súa proximidade local permite coñecer

en profundidade como era/é a poboación,

a sociedade e, xa que logo, o país; asemade,

ás veces teño atopado neles documentos

e informacións que constitúen autenticos

tesouros para o investigador, alegría esta que

gratifica a tan a miúdo árida e erma labor de

moitas revisións. Nalgún caso a humidade

esborranchara os libros de actas, noutros

houbo substraccións e perdas documentais,

pero é de xustiza loubar o eficaz sistema de

ordeamento e clasificación que está a ser aplicado,

e a profesionalidade de quen atende

estes arquivos (David e Mercedes no caso de

Mugardos, superando con boa vontade problemas

de espazo e desgraciadamente con

IDEA 2005

Escola e Sociedade

Mugardos

I.- 1848-1931

Bernardo Máiz Vázquez,

historiador e profesor do IES Concepción Arenal. Ferrol.

contrato temporal), reclamando eu dende

eiquí para eles o recoñecemento e estabilidade

laboral que merecen, pois de non ser polo

seu labor, moito do traballo do historiador sería

imposible.

1.- Mugardos, na outra banda...

Estando a realizar un estudio sobre a evolución

política, sindical e social do territorio coñecido

como "a outra banda" da ría de Ferrol (aclararei

aos foráneos que esa definición corresponde

á banda Sul da ría e até Cabanas e

Pontedeume) na primeira metade do século

XX, coido de interese extraer do que levo elaborado

algúns aspectos referidos ao eido

educativo, baseándome fundamentalmente

en materiais arquivados en Mugardos e -

menos- en informacións procuradas noutros

lugares e nas memorias. Nesta ocasión, e por

non cansar, presento só a evolución escolareducativa

mugardesa anterior á Segunda

República, deixando aquel "tempo de esperanza"

democrática e de innovación pedagóxica

para unha segunda entrega. De tódolos

xeitos entre o material anexo ao escrito vai un

"cadro" coa relación de mestres das escolas

mugardesas dende 1849 até a desfeita do

1936.

Permítome desenvolver unhas reflexións de arredor

do obxecto estudiado, pois a escola está

sempre inserida nun conxunto social. Os factores

que sinalo inmediatamente, con outros

139

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!