11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Hemón, que malinterpretara; esta emenda,

cal é?; e que cambio opera na actitude de

Creonte?

7) Qué subversión da orde natural (=darlle a volta

ó que por natureza está no seu sitio) recoñece,

demasiado tarde, cometer Creonte?

8) O conflito xeracional pais/fillos vese aquí reflectido

traxicamente. Describe como e quen o protagonizan.

9) Creonte acaba anunciando o seu desterro

voluntario, co que repite o destino do Edipo do

primeiro acto. Ambos asumen as consecuencias

dos seus actos recoñecendo o seu extravío. O

que en Edipo foi fatalidade, en Creonte é obcecación.

Cres sinceros o arrepentimento e contrición

de Creonte? Por que?

10) Sófocles pinta personaxes dunha humanidade

desvalida e conmovedora, quer sexan

xoguetes do destino (Edipo, Iocasta) quer o

sexan das súas propias paixóns (Eteocles,

Polinices, Hemón, Creonte). Fronte a eles álzase

a figura de Antígona, que transcende a

esfera humana e atinxe a heroica, pois ela non

actúa por fatalidade nin escrava das súas paixóns

senón por decisión libre e consciente,

sendo o único personaxe que forxa o seu propio

destino. Antígona, como todo heroe, non é

comprensible á razón senón admirable ó corazón.

Que personaxe é cativado pola fascinación

que suscita Antígona? Cal é a consecuencia?

11) Fai un resume, unitario e máis conciso, das tres

traxedias sofo+3

0.cleas lidas, ás que podemos titular en conxunto

A saga de Edipo de Tebas. Propón ti outro título

unificador que presida o teu resume.

Grupo ARJÉ de teatro do IES Breamo

(IES nº 1) de Pontedeume

Director: profesor Javier de Melo

Codirector: profesor Fernando Querol

Obxetivos

Con respecto á comunidade escolar:

- Máis alá da súa primeira finalidade pedagóxica,

búscase a dinamización da vida desta comunidade

escolar: A organización deste grupo teatral

afecta a todos os seus membros: Profesores,

alumnos, pais, e persoal non docente.

IDEA 2005

- Dignificación da actividade da escola pública:

O labor deste xa veterano grupo de teatro é

ben coñecida na vila. O traballo de todos os

seus membros é desinteresado.

Con respecto aos actores alumnos.

Reforzamento da personalidade:

- Fomentar a maduración do adolescente.

- Desenvolver o seu sentido crítico.

- Favorecer a construcción do seu carácter, o seu

sentido da independencia.

- Afianzamento da súa vida emocional afectiva.

- Axudar a que coñeza os seus propios sentimentos

e a que busque a estabilidade nas súas emocións.

- Introducilo nas técnicas de relaxación e autodominio.

- Enriquecer os seus rexistros de comportamento

privado e público.

- Introducilo no gusto polas formas artísticas relacionadas

co teatro.

- Comprensión dos propios sentimentos.

- Autocoñecemento.

- Desenvolvemento da súa vida intelectiva.

- Crear o hábito da reflexión e da análise.

- Introducilo nos coñecementos básicos do teatro:

Teoría, historia e praxe.

- Coñecer os principios xerais da teoría teatral

como expresión literaria, como fenómeno

comunicativo (espectáculo) e como obxecto

histórico.

- Afondar no labor do espectador-receptor da

obra dramática: A súa función decodificadora,

a lectura reflexiva, a comprensión, a interpretación

do texto, o seu rol na ficción.

- Descubrir o traballo non actorial: Función do

director, escenógrafo, decorador, técnicos de

son e iluminación. Estudiar a importancia dos

factores do espectáculo co que traballan:

Adaptación, versión, comprensión da obra, proxémica,

decoración, accesorios, luminotecnia,

efectos sonoros, música..

- Exercitarse no traballo do actor nas súas dúas

facetas fundamentais:

- Voz: Respiración, lectura dramatizada, modulación,

volume, ritmo, entoación, declamación.

- Interpretación: Lectura comprensiva, kinésica,

mímica, xestualidade, caracterización.

Con respecto ao propio grupo de teatro ARJÉ

- Dar continuidade ao labor deste grupo.

- Conseguir unha tradición teatral no centro e na

vila.

85

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!