11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Mugardos nese intre o anovamento cuadrienal

dos compoñentes da xunta escolar, formada

por lei polo alcalde (érao dende o ano 1892

Juan Francísco Martínez Domenech, quen continuou

até o 1912 e recuncou do 1917 ao 1920),

un concelleiro (Baltasar Rodríguez Rivera), o

xuíz e o médico municipais (José Ramón

Tenreiro Díaz e Arturo Martínez Fernández respectivamente),

tres pais ou nais de escolares

(Lucas Gelpi, Constantino Montero, Catalina

López Martín), tamén un sacerdote católico

(manifestándose máis progresista quen chegou

como párroco de Franza no 1906, Ferrín, que

os de Mugardos, Montes primeiro e Carballeira

despois), en coincidencia cronolóxica á incorporación

como secretario do Concello e da

"Junta Escolar" de Gregorio Guerrero

Fernández, quen permaneceu en Mugardos

dende o ano 1899 até o 1909. Neste período é

moi perceptible, especialmente nos informes

sobre a situación escolar elevados pola xunta

escolar á inspección educativa, unha crecente

preocupación pedagóxica, que coido era

debida ao labor do tal Gregorio Guerrero,

quen indubidablemente coñecía as ideas da

Institución Libre de Enseñanza e mesmo nunha

das actas sinala que a súa redacción estaba

inspirada polas lecturas de Francisco Giner de

los Ríos. Manifestan os documentos a que

dende estas datas foi sempre teima municipal,

as melloras técnicas, centradas na demanda

de reestructuración do que hoxe denominamos

mapa escolar para acadar a creación de

máis escolas, pois "... por el escaso número de

escuelas, instaladas en locales arrendados e

inadecuados por lo que respecta a la higiene

... y por su mala distribución en el término la

mayor parte de los días apenas si cuenta el

maestro con discípulos a quienes poder enseñar."

(1900), aportando a pouco a xunta escolar

unhas estatísticas de magnifica factura que

nos permiten coñecer que a poboación total

de Mugardos no ano 1903 era de 6.745 persoas

e que a escolar (6 a 12 anos de idade) no distrito

escolar de Mugardos e Meá nese mesmo

ano estaba constituída por 489 nenos e 491

nenas, sendo a do distrito de Franza e San

Xoán 166 nenos e 169 nenas, un total de 1.315

escolares que - fora o absentismo- non tiñan

espazo nas dúas escolas que había en

Mugardos e nas outras dúas de Franza, solicitando

en consecuencia o concello a creación

canto menos dunha escola completa e outra

só de nenos (¿por que non tamén unha de

nenas?) en Mugardos, unha completa para

Franza-O Seixo, unha mixta en Meá e outra

semellante en San Xoán de Piñeiro; houbo que

agardar ben tempo para conseguilas...

IDEA 2005

Escola de Franza.

Neses informes, elevados ao inspector provincial

de instrucción primaria (neses anos Julián Rincón

Fernández), lamentaba a xunta escolar o traballo

infantil, pois " ... siendo una población casi en

absoluto constituída por pescadores y labradores

que diariamente tienen que dedicarse a las

faenas de la mar y a los trabajos agrícolas

desde la niñez para proporcionarse el sustento y

auxiliar a sus mayores para las demás atenciones

de la vida, la asistencia a los establecimientos

de enseñanza resulta siempre muy irregular"

(1902), "... a la escuela de Franza la mayoría solo

concurre una o dos veces al mes, generalmente

en días de lluvia y eso los de cerca" (1904).

Nun longo informe do ano 1903 a xunta escolar

mugardesa coidaba, asemade do anotado

máis atrás, que o profesorado non era competente,

por unha banda polas excesivas interinidades

que "impiden a los escolares y a sus profesores

llegar a conocerse", pero sinalan por

outra banda que "es sentir de esta Junta que

hay falta de energía intelectual en la generalidad

de los profesores, faltos de estipendio justo

(nese ano o salario era de 1.100 pesetas anuais,

ademais dunha peseta que debía pagar directamente

ao profesorado cada alumno considerado

"puidente" pola xunta escolar, cuestión que

creaba conflitos), de estímulo y de la fuerza de

acción" , para concluír que "... Sea por esas causas

(así lo entiende la Junta) o por otros males

que no hayan podido investigarse, se nota el triste

espectáculo de que hay niños procedentes

de esas escuelas que apenas medianamente

saben leer y escribir", de xeito que "las familias

pudientes recurren a los profesores particulares

... habiendo en esta villa al menos tres establecimientos

de esas características, y otro más sino

dos en la Parroquia de Franza", academias

sobre as que a xunta escolar municipal non tiña

competencias aínda que consideraba non reunían

condicións de salubridade, e que "... sin

menoscabo de los conocimientos científicos o

técnicos que pueda poseer alguno de esos profesores

particulares por su dignísima profesión al

141

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!