11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

final da viaxe, antes de iniciar o regreso, foi a

cidade de Brest. Alí agardábannos, e fomos agasallados

cunha cea polo alumnado dunha asociación

de emigrantes españois que reciben clases

de español cunha profesora galega. Con

esta viaxe plantamos as bases dun intercambio

entre ambos e dous centros. Este año tócalles aos

bretóns visitar aos alumnos da escola de Ferrol,

durante a Semana Santa.

134

Foto do encontro en Brest despois da cea na que se falaba,

sobre todo, castrapo.

Este ano en Ferrol correspóndese tamén cos meus

primeiros pasos na docencia do francés. Até

agora, eu estudara Filoloxía Hispánica, sacara a

licenciatura e dera algunhas clases nun instituto

de Brest. Ao mesmo tempo, seguía un curso

para ser profesora de francés para estranxeiros

e estudara apenas teoría ao chegar á Escola

Oficial de idiomas.

Foi nisto que eu puiden desenvolver os meus

coñecementos prácticos e reforzar os teóricos.

Nun primeiro momento o meu primeiro papel

foi elaborar, coa axuda do profesorado,

secuencias docentes adaptadas a cada

grupo, baseadas na produción oral e levalas a

cabo en clase. Logo aceptaron que realizara

una práctica como profesora de francés, práctica

que se esixe aos futuros profesores de fran-

cés como lingua estranxeira, como última

etapa da formación.

Daquela, durante seis meses, ademais do meu

papel de lectora, desempeñei o de profesora,

baixo a tutela do xefe de estudios do departamento,

e din clases aos alumnos dos cinco

niveles de estudios que se imparten na Escola

Oficial de Idiomas.

Desenvolvín moito a miña capacidade de traballo,

de improvisación así como de imaxinación, e afirmeime

fronte a un alumnado maiormente máis

vello ca min, o que non me resultou cousa doada.

O máis formador foi o contacto cos profesores.

Aprendín moito ao observar as súas clases e, sobre

todo, ao reunírmonos para preparar e reflexionar

sobre as secuencias docentes.

En setembro de 2004 entreguei o meu traballo

de fin de carreira, que baseei nas reflexiós

pedagóxicas e didácticas experimentadas e

levadas a cabo durante a miña práctica na

EOI de Ferrol. Puxen de releve o interese, a

axuda e a grande competencia que o profesorado

da EOI mostrou durante a miña práctica;

mais tamén o interese e ánimo do alumnado,

o que hai destes centros, á miña maneira

de ver, os sitios idóneos para realizar as prácticas

dos futuros profesores de francés. De feito,

o tribunal fixo moitas preguntas sobre a definición

e o funcionamento das Escolas Oficiais, e

decidiron animar aos estudantes de Brest

desta carreira a realizaren as súas prácticas

nas EOI españolas.

A nivel profesional, foi unha experiencia moi

importante porque se realizou nun centro oficial

e, ademais, resultou atractiva para outro

centro docente galego, pois inda ben non se

acabara o curso e xa me respondían favorabelmente

á miña solicitude de emprego.

Traballo actualmente para a Universidade de

Vigo, no campus de Ourense, como lectora

de francés.

IDEA 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!