11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

98

envolvemento próximo" que supón un nivel máis

elevado, e que permite acadar novas aprendizaxes,

pero sempre tendo en conta o ritmo e

características de cada un.

(Libriño que recolle as fichas de traballo)

O sistema de control que utilizamos neste nivel é

a anotación do número do conto que se leva

para a casa; así cada rapaz ten que ir apuntando

na casiña axeitada, seguindo unha

orde, o número do conto que leva. Con respecto

á folla de traballo que teñen que facer

na casa, tamén se introducen algunhas novidades.

Agora, aparte do seu nome e título do

conto, teñen que poñer tamén o número que

aparece no libro.

Como se pode apreciar, estamos a traballar á

vez e de maneira inconsciente para eles, diferentes

códigos de representación: números,

letras e debuxos. O mesmo ca na aula de tres

anos, rematado o trimestre ou o curso, elabórase

un libriño que recolle tódalas fichas enchidas

sobre cada libro.

Na aula de cinco anos seguimos coa actividade.

Agora todo o alumnado xa está moi familiarizado

con ela. Incluso se se dá o caso dunha boa

implicación das familias, moitos nenos e nenas,

chegado este momento, van ás bibliotecas

municipais cos seus pais a buscar máis libros

para leren na casa.Así unha actividade escolar

adquire un valor de uso social, e convértese

nunha actividade útil para a vida cotiá, que é

o realmente significativo para o neno, porque

estamos contextualizando as actividades de

aula no mundo exterior, dándolles sentido e

valor.

As fichas de traballo que levan para a casa

neste momento son como as do nivel anterior,

aínda que, de así o querer, pódese introducir

tamén a escritura da data. No sistema de

control de aula si que hai novidades: agora

teñen que escribir, aparte do número do

conto elixido, o título do conto. En canto á

escritura, tanto dos números como dos títulos,

nomes, etc., seguindo un enfoque construtivista,

respéctase o estadio onde se atopa cada

un. Nós, e se é o caso os pais na casa, simplemente

transcribiremos debaixo, se é necesario

o número ou a palabra que eles quixeron

escribir

(Control de préstamo cinco anos)

IDEA 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!