11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

IDEA 2005

O mestre García fariña cun grupo de alumnos.

debuxo, fisioloxía, hixiene, ética y moral; comparemos

coas do ensino público que recollemos

dous parágrafos atrás), chocante todo por xunto

coa ideoloxía dos sectores tradicionalmente

afeitos ao control político e social. Sirvan como

exemplo deses enfrontamentos os dous casos

seguintes: no ano 1912 houbo un duro cruce de

cartas e irtos artigos en prensa entre a directiva

en Cuba da "Unión Mugardesa", avaliada polos

seus socios de aquí, e Juan Francisco Martínez

Domenech, alcalde saínte, termando o delegado

local da sociedade (J.F.M., concelleiro, xornalista,

escribinte municipal...) para conseguir

unha avinza que está recollida nunha acta

municipal do 4 de Agosto do ano citado.O

segundo incidente produciuse no ano 1915,

cando o párroco católico de Mugardos tronou

dende o púlpito contra unha pequena subvención

do Concello para esa biblioteca que vimos

de citar, supondo habería entre os volumes

algúns contra a doutrina da igrexa, respostándolle

dende Unión Mugardesa que "en lo cultural

esta asociación está abierta a todas las ideas";

foron mestres na "Unión Mugardesa" Lino

Irigoyen, Eduardo Fariña, Federico García e José

García Fariña, este último longos anos. En maio

do 1922 o mestre de obras Manuel Fontán comezou

os traballos para a construcción dun grupo

escolar propio da Unión Mugardesa, edificio que

foi inaugurado no ano 1927, data que nos leva,

pois, á seguinte etapa deste mugardés percorrido

educativo, no que tamén deu os seus froitos

a obra da "Institución Escolar Franza-El Seijo" que

con planos remitidos dende Cuba construíu a

súa magnifica escola no lugar do Cruceiro, desenvolvendo

actividades educativas o mestre

Antonio Martínez Zárate só entre os anos 1927 e

o 1932, afectada a sociedade matriz por fortes

liortas ideolóxicas entre os seus socios.

A cuarta xeira corresponde aos anos da

Dictadura de Miguel Primo de Rivera, certamente

positivos nos eidos técnicos do ensino

primario e secundario, adro axeitado para os

cambios didáctico-pedagóxicos da Segunda

República.

No referido ao ensino público destaca a incorporación

no ano 1924 como mestre da escola

de nenos do Seixo de Ángel Mato Peña, militante

cualificado do Partido Socialista e fortemente

influenciado polas ideas pedagóxicas

da Institución Libre de Enseñanza; morto por

disparos da policía en Ferrol o seis de Outubro

do 1934, o seu labor foi ben frutífero no terreo

político, no sindical e no didáctico, especialmente

nos anos da República, como veremos

na seguinte entrega. Neste tempo, en parte

145

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!