11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Por exemplo eu, que fun educado en castelán contra o galego, tiven que superar moitos atrancos para

concienciarme da necesidade de contribuír co meu gran de area á dignificación do noso idioma, ese

que fixeron que eu me avergoñase del sen conseguilo.

Tamén creo que cando alguén escribe en castelán (eu teño algunhas cousas e non me arrepinto, nin

moito menos) non está a facer literatura galega senón que contribúe a engrosar o conxunto de literatura

en castelán. Penso que lingua e literatura van da man dun xeito indisociable.

Ánxela Loureiro

1. Que pode aportar a literatura á educación? Que función educadora ten, se é que a ten, ó escritor ou

escritora?

Hoxe mesmo escoitei unha nova moi interesante. Segundo un estudo da Universidade Complutense os

adolescentes lectores son moitísimo menos agresivos ca os non lectores ¿Pódese falar de maior

aportación á educación?

Non sei se podemos falar, en xeral, da función educadora. Cada obra ten maior ou menor grao aínda

que sexa a mesma man quen a escribe. O que podo afirmar é que eu, persoalmente, non podo liberarme

da miña profesión de ensinante no momento de escribir e por iso sempre concibo as miñas

novelas con función educativa, sobre todo en valores. Concretamente o valor da liberdade está

sempre latente na miña obra. Teño moito interese en que non se esqueza xamais o esforzo que tiveron

que facer tantas xeracións para acada-la liberdade.

2. Que lembranzas deixou en ti a escola? Algunha delas chegou ou pode chegar a ser literaria?

Entrei ós catro anos na escola como «gratuíta» no Convento da Enseñanza. Iso significa que entraba

por outra porta diferente á maioría, que tiña un uniforme distinto e que xogaba noutro recreo moito

máis cutre. Tan só un banco de pedra corrido era o que nos separaba a unhas nenas das outras, sen

embargo era moito máis eficaz ca unha gran muralla. Lembro as miradas de superioridade dalgunhas

nenas, palabras ferintes e unhas cantas accións perversas pero aprendín a convivir con esa realidade

e a sentirme feliz coas que tiña ó meu carón. Foi máis duro anos despois, cando me deron

unha beca e pasei ás aulas «normais». Se cerro os ollos para volver atrás no tempo véxome triste e

encollida, non me atrevía a articular palabra por temor ás risas ou ás rifas. A miña vida cotiá era tan

diferente ás demais que me parecía estar noutro planeta. ¿Que ía contestar eu sobre os electrodomésticos

se na miña casa non tiñamos nin auga e había que carretala nos baldes varias veces ó día

para poder cociñar na bilbaína? Cando por fin fun adaptándome ó sistema algunha vez soñei con

levar a casa un lazo cos que premiaban o estudo e a conducta sen embargo non tiven nunca ese

pracer a pesar do meu esforzo. Mentras tiven esperanza, o meu corazón latía máis forte no momen-

IDEA 2005

13

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!