11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

lección aséptica. En todo ha de haber poesía, entronque coa historia, transcendencia espiritual. hai

que dar información que transcenda e estimular a imaxinación.

7. Cultura, educación, lingua, literatura… son fungueiros do mesmo carro. Cres que o escritor galego

debe escribir en galego? Os escritores galegos que escriben en español, fan literatura galega?

Para min, un escritor galego é o que utiliza a lingua galega. Quen tendo nado en Galicia escriba en español,

é un galego escritor, mais non un escritor galego. A lingua é a que define.

Teño analizado isto en conversas con Fernández del Riego e con Carvalho Calero; ambos tiñan isto moi

no seu, e coincidín con eles dous inmediatamente (Carvalho Calero faino constar, de xeito moi concluínte,

no prólogo da súa Historia da Literatura Galega).

O tema foi moi debatido nun seminario sobre a nosa literatura, na Habana en 2003. Coido que logrei convencer

ós meus contrincantes. Pero fóra é distinto, aquí, na Galicia territorial, debe de estar isto moi definido

para os que nos ocupamos nestes mesteres da Cultura.

Antonio García Teijeiro

1. Que pode aportar a literatura á educación? Que función educadora ten, se é que a ten, ó escritor ou

escritora?

A literatura non é unha panacea que resolve todo pero si un elemento fundamental na formación integral

do alumnado. A literatura divirte pero tamén provoca reflexión (ou debe provocala); a literatura

propón e un debe aceptar as propostas para facelas propias: liberdade, sensibilidade, intelixencia,

integración, tolerancia, son algúns conceptos que eu asocio á literatura.

A literatura non vai cambiar o mundo pero pode axudar a entendelo mellor. Non é na vida onde bebe

calquera obra literaria?

Que se poidan asumir ou desbotar, criticar, analizar as propostas que expoña o escritor/a na súa obra

paréceme que é a súa función. Se escribes en liberdade, sen pretensións de pontificar, se es auténtico,

o escrito vai deixar o seu espírito no lector. A partir de aí este convértese en recreador.

2. Que lembranzas deixou en ti a escola? Algunha delas chegou ou pode chegar a ser literaria?

a) Eu lembro a miña experiencia na escola cunha pobreza vital tremenda. A escola, a finais dos cincuenta

e primeiros sesenta, vivía de costas á imaxinación, á liberdade, ó espírito crítico, á intelixencia e non

sigo porque a lista sería interminable. Era gris, moi gris, coma o tempo que nos tocou vivir. Era o producto

sórdido dunha sociedade encadeada por unha ditadura que, ademais doutras cousas, nos empobrecía

enormemente. Fomos sobrevivindo e, ás veces, eu mesmo me sorprendo de ter acadado diver-

IDEA 2005

11

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!