11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Departamento de filosofía

Profesor Javier de Melo Martín

Introdución

Dende que se tomou a decisión de centrar a actividade

deste grupo na obra de Sófocles non puidemos

deixar de pensar nas profundas mensaxes

que as traxedias deste personaxe suxiren. Nunha

das súas obras máis famosas, Edipo rei, a pescuda

pode resultar imposible, o fondo, insondable. Pero

o noso obxectivo non é sistematizar a interpretación

deste mito, máis ben deberiamos ensinar ao

noso alumnado a ver un pouco máis aló das palabras,

detrás das aventuras ou desventuras, máis

aló dos personaxes. Qué hai de nós mesmos e do

noso presente nesa fascinante porta ao pasado

que son estas obras? Motivamos así a reflexión nas

diferentes liñas que logo explicaremos, engadimos

curiosidade xuvenil á vella cultura e sorpresa

inxenua no tópico literario.

En definitiva, ademais de cumprir cos obxectivos

das disciplinas deste Departamento, queríamos

innovar, enriquecer, sorprender e motivar.

Contidos (Esquema)

Procuramos engadir aos contidos oficiais de cada

unha das disciplinas e dos diferentes niveis os

seguintes motivos de reflexión: *(fig 1)

Adaptación didáctica dos contidos

teatrais da obra O sangue de

Antígona ó currículo das disciplinas

do departamrnto de filosofía

O Sangue de Antígona é o título elixido para a

adaptación das traxedias de Sófocles Edipo

rei, Edipo en Colono e Antígona. O que fixemos

no departamento de filosofía foi aplicar o

contido das distintas traxedias ás diferentes

IDEA 2005

disciplinas e niveis educativos que temos ao

noso cargo.

Edipo, rei

Consideramos axeitado achegarmos ao alumnado

de 1º de Bacharelato a figura de Edipo

nunha introducción á filosofía, porque cremos

que as múltiples significacións que tivo este personaxe

de Sófocles desde a súa creación foron

enriquecedoras e axudan a discernir múltiples

temas que atinxen ao ser humano.

As principais reflexións versarán sobre aspectos de

teoría do coñecemento e de psicoloxía da personalidade.

O planeamento da traxedia de Sófocles é dunha

busca: Edipo procura ao asasino de Laio, antigo

rei de Tebas. Coa súa busca, que se cre seguro

de resolver, espera acabar coa peste que asola

a súa cidade.

Indagación, tras indagación, pescuda tras pescuda,

facendo caso omiso das advertencias do

vello adiviño Tiresias ou da súa muller, a raíña

Iocasta, a ansia de coñecemento, a súa absoluta

crenza no poder do seu raciocinio, fano rexeitar

todo impedimento á investigación que iniciou.

Finalmente, o seu desexo de coñecer e saber a

verdade verase satisfeito e logrará descubrir ao

asasino do Rei Laio; pero será un fatal autodescubrimento

pois quen matara ao antigo rei

nunha encrucillada resulta ser o propio Edipo.

Arrancándose os ollos e tras perder á súa nai e

esposa Iocasta, marcha ao desterro tenteando

a terra a golpes de bastón.

Quen é Edipo? O prototipo do ser humano, que

saíu das sabanas africanas e chegou ao espazo

Obras Idea Contidos Relacións Niveis

Edipo Rei

Edipo en

Colono

Antígona

O desexo de

coñecemento

Rexeitamento do que

ven de fóra

Poder político fronte

a dereitos humanos

Antígona fronte a

Creonte

Traxedia versus progreso

Metáfora do ser humano

Xenofobia versus integración.

Dereitos humanos versus crenzas das

xentes (prexuízos).

Poder político versus dereitos naturais.

Dereito á vida e desobediencia civil.

Exemplos vitais.

Introdución á

filosofía

Ética

1º BAC

4º ESO

Ética e filosofía do

dereito 1º BAC

Ética y Filosofía do

Dereito de 1º de

Bacharelato

Ciencias políticas

Títulos Temas Contidos Disciplinas

1ºBAC

2ºBAC+

*fig 1

79

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!