Nº 11
Nº 11
Nº 11
You also want an ePaper? Increase the reach of your titles
YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.
Esta actividade queda aberta e non a rematamos

por falta material de tempo. Quedan

rexistradas tódalas curiosidades que teñen os

alumnos/as sobre a realidade e o seu mundo.

Esta proposta dános pistas para empezar a traballar

en posteriores cursos desenvolvendo

algunhas destas cuestións dende un punto de

vista filosófico.

Materiais

- O libro citado.

Habilidades de pensamento postas

en práctica

1. Habilidades de investigación

- Adiviñar.

- Formular hipóteses.

- Buscar alternativas.

- Anticipar consecuencias.

- Imaxinar.

2. Habilidades de conceptualización

e análise

- Formular conceptos precisos.

- Establecer semellanzas e diferencias.

- Definir.

3. Habilidades de razoamento

- Buscar e dar razóns.

- Inferir.

- Razoar hipoteticamente.

- Razoar analoxicamente.

- Relacionar causa e efectos.

4. Habilidades de tradución e formulación

- Explicar.

- Interpretar.

- Improvisar.

Exemplos de preguntas formuladas

polos nenos e nenas do 2º nivel do

1º ciclo de E. Primaria

Me gusta hacer preguntas. Siempre tengo

muchas preguntas en la mente. ¿vosotros teneis

muchas preguntas en la mente?

Lis. Un relato de filosofia para niños. Stella Accorinti.

IDEA 2005

Preguntas e respostas dos alumnos de

2ºA 1

Luisa: ¿Como se puido crear Deus?

Fernando: Era un ovo e estaba nun planeta e

cando o planeta estoupou naceu.

Julen Ríos: Caeron varios cachiños de meteoritos

e ao unirse formouse un meteorito novo e

de aí saíu Deus.

Álvaro: Xuntouse unha masa de po e creouse

unha persoa.

Gloria: ¿Que vai pasar ao final do mundo?

Luísa: Que todo o mundo vai estar no ceo e no

inferno.

Sara: Que morren todos e non queda ninguén.

Mar: O Sol descontrólase e queima os planetas.

Daniel: Como o Sol é unha estrela, algún día se

va apagar e morremos todos de frío.

Julen Rubido: Por un terremoto.

Sara: ¿Como naceron os dinosaurios?

Gloria: Porque os creou Deus.

Fernando: De ovos que caían das árbores.

Aitor: ¿Quen creou o mundo?

Maioría da clase: Deus.

Sara: Unha roca xigante que estalou y rompeu.

Álvaro: O big-ban, e de aí saíron un millón de

cachos e formáronse os planetas.

Fernando: Houbo unha explosión moi grande e

dela saíu unha masa de po pegañento. De aí

se formou a Terra.

Uxía: Xuntouse unha masa quente de po e

había tanta presión na masa que estoupou e

produciuse o big-ban e creouse o mundo.

Daniel: ¿Por que en mate na división os términos

son distintos?

Luísa: Porque lle deu a gana a quen o inventou.

Fernando:¿Por que as nenas case nunca xogan

ao fútbol?

Luísa: Porque non nos gusta.

Daniel: Porque son moi delicadas.

Uxía: Porque as nenas ás veces traen minisaia.

Mar. Porque as nenas son máis débiles.

Uxía: ¿Por que os nenos nunca xogan ás bonecas?

1. N.R. Os textos do alumnado están traducidos literalmente

ao galego.

57