11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

20

porque nos permite converternos nunha mente distinta. Aprender a ver o mundo non só a través da

nosa conciencia senón da dos outros é o mellor exercicio de tolerancia que existe. Supón aparcarnos

para entender ao outro e iso é posible grazas á literatura, grazas ao poder da palabra que nos conceden

os autores e autoras.

2. Que lembranzas deixou en ti a escola? Algunha delas chegou ou pode chegar a ser literaria?

Estudei o parvulario na unitaria da Restreba en Taraza (Meirás-Valdoviño) onde o que máis nos gustaba

da primavera era sentir o cuco. Din que se sentes o cuco non morres ese ano e, se o convertemos en

literatura, supoño que unha nena que sente o cuco moitas primaveras ten a vida da súa lingua e da

súa literatura garantida. Esa foi a miña mellor aprendizaxe literaria da escola, iso e as persoas que estudaron

comigo.

3. Cales foron os heroes literarios da túa infancia e adolescencia? Coñecíchelos por medio da escola?

Gustábanme moitísimo as aventuras de Hércules Poirot, o detective de Agatha Christie, aínda que

acabei lendo todo o que me caeu nas mans. Gabriel García Márquez conquistoume dende nena

e aínda lle sigo sendo fiel, case tanto como a Federico García Lorca e a Xeración do 27. Todos viñeron

a través da escola e da miña nai.

4. Se escribiches algo que a xente nova tamén pode ler, o teu traballo como escritora precisou dalgunha

situación diferente a cando escribes, digamos que para adultos?

Non. Creo que non se pode menosprezar a capacidade dos rapaces. O vocabulario pode ser menos

complicado pero as historias teñen que comunicar a nenos e adultos. Un alumno meu do obradoiro

de Fene, Xaime, ten doce anos e le os mesmos textos cós adultos. Ás veces compréndeos mellor

ca nós.

5. Cres que as lecturas obrigadas na escola son un bon método para facer lectores?

Si. Por desgraza, actualmente se non estás nos medios non existes e os libros teñen que entrar tamén polos

ollos. Se non se ofrecen obras obrigatorias dos clásicos como Pedrayo, Cunqueiro, Flaubert ou Delibes, por

exemplo, é difícil que os rapaces cheguen a eles nun andel da libraría. Con respecto á literatura actual,

creo que se debe ofrecer un abano de nomes e posibilidades para que lles resulten familiares e, a partir

das súas inquedanzas ou motivacións, escollan eles mesmos a obra que lles pareza atractiva.

6. Tes algunha idea ou suxestión para estimular a lectura dende a escola?

Creo que o fundamental é eliminar esa connotación de obrigatoriedade e «deber» da literatura e

ampliar a súa definición á de pracer. Teñen que entendelo coma a pasaxe dunha viaxe e non un mero

exercicio de clase. Para iso proporía que nas lecturas optativas non houbese que analizar nin estrutura

nin narradores nin nada de nada, simplemente falar da obra, de como a reescribirían, de continuar a

vida dun personaxe.... Motivalos a crear a eles tamén a partir da propia creación e romper a tendencia

á autopsia da análise literaria. Ás veces creo tamén que a mellor maneira de facer que un rapaz

lea un libro é prohibirllo.

7. Cultura, educación, lingua, literatura... son fungueiros do mesmo carro. Cres que o escritor galego

debe escribir en galego? Os escritores galegos que escriben en español, fan literatura galega?

Considero que a literatura galega escríbese en galego como a literatura española se escribe en español, a

inglesa en inglés e a francesa en francés. O escritor galego pode escribir no que queira, debe ter a liberdade

para facelo pero debe ser consciente de que, dependendo da lingua na que escriba, contribuirá a nutrir

coa súa obra unha literatura ou outra. Se fas unha obra en galego formas parte do Corpus da literatura

galega, se a escribes en castelán formas parte do Corpus da literatura española. Non lle vexo o problema.

O importante é a calidade da obra, a literatura que independentemente da lingua en que navegue ofreza

aos lectores. Non son ninguén para dicirlle a alguén en que lingua debe escribir, sobre todo porque a lingua

é a base da literatura, da nosa maneira de concibir e nomear o mundo. O que si teño claro é que, no

que a min respecta, o meu mundo cóntase en lingua galega porque é a que teño por propia.

IDEA 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!