11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

sistema operativo Linux. Este programa permítenos

debuxar e medir ángulos de forma case

inmediata, e grazas a el puidemos observar que

moitos dos alumnos dun grupo de apoio de 3º

da ESO e do programa de diversificación de 4º

da ESO, cando tiñan que aumentar un ángulo

aumentaban tamén a lonxitude do segmento, e

cando tiñan que facelo máis pequeno diminuían

tamén a lonxitude do segmento. O que fixemos

para corrixir este erro conceptual, foi restrinxir

a medida de ángulos a unha circunferencia,

de tal xeito que non podían alongar nin

acurtar o segmento co que medían o ángulo.

Unha vez feito este traballo os alumnos estaban en

posición de introducírense á aprendizaxe das

coordenadas xeográficas: lonxitude e latitude.

Aproveitamos esta parte para unha introducción

á medida do tempo, ós movementos de rotación

e translación da Terra e a repasarmos un pouco

de Xeografía. Para desenvolver estes conceptos,

traballamos directamente sobre o globo terráqueo,

e apoiámonos tamén nas novas tecnoloxías,

coa axuda do programa Xephem, co cal os

alumnos podían saber a lonxitude e latitude dun

lugar do globo terrestre con só levar o punteiro ata

el. Con este programa ideamos unha actividade

que motivou moito ós nosos alumnos, e que consistía

en que un deles daba as coordenadas xeográficas

dun lugar, e o resto dos alumnos competían

por chegar primeiro co punteiro do rato á súa

localización. Pero este programa deunos unha sorpresa

a todos nós, xa que unha das nosas alumnas

preguntounos qué significaban as cores negra e

amarela que aparecían na pantalla, e decatámonos

que nos dicían os lugares da Terra onde

era noite e día, e a reflexión da rapaza foi a

seguinte: "Entón aí arriba nunca hai día". A reflexión

era correcta, xa que cando realizamos esta

actividade era inverno, e no inverno o Sol encóntrase

por debaixo do Ecuador, e hai zonas do

hemisferio Norte que non son iluminadas pola súa

luz. Esta situación serviunos para explicar o porqué

das catro estacións.

IDEA 2005

Fig. 6. O día e a noite na Terra.

Agora, o noso alumnado estaba en condicións de

dar o seguinte paso, que sería a construcción

da elipse do reloxo. Para a súa construcción utilizamos

o método do xardineiro, colocando os

extremos dunha corda de 12 m de lonxitude

(coincidindo co eixo maior da elipse) nos focos

da elipse, e trazamos a elipse tensando a corda.

Fig. 7 e 8. Trazando a elipse.

O seguinte paso foi o trazado do analema, que

implicaba as funcións trigonométricas, pero

tendo en conta que os grupos cos que estabamos

a traballar eran un grupo de apoio de 3º da

ESO e do programa de diversificación de 4º da

ESO, decidimos facer o seguinte: Paulino deunos

as coordenadas dos días 1, 10 e 20 de cada

mes, para o trazado do Analema, e nós traballamos

na aula o plano cartesiano e a representación

de puntos no plano. Os eixos de coordenadas

serían os eixos da elipse, coa orientación

positiva no eixo Y cara o Norte e negativa cara

o Sur, e no eixe X positiva cara o Leste e negativa

cara o Oeste.

Por último, só nos restaba marcarmos as horas, e

aínda que se podía realizar por un método xeométrico,

nós decidimos facelo de forma experimental,

saíndo ó patio cos nosos alumnos ás horas

en punto, colocándonos no analema no día

correspondente, e marcando a hora na elipse no

37

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!