11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

importancia do proceso, globalización como

estructura psicolóxica da aprendizaxe.

3.3 Fases na realización dun proxecto

Podemos establecer as seguintes fases:

- Elección do tema de estudio: debe facerse por

argumentación, explicitando por que se escolle

un tema e non outro.

- Avaliación inicial: posta en común de ideas previas.

- Busca de información: bibliografía, vídeos,

expertos, internet.

- Seleccionar a información, marcar obxectivos,

organizar o traballo: é moi importante determinarmos

ben os obxectivos para evitar abarcar

de máis e pasar por encima de aspectos importantes.

- Realizar as tarefas previstas.

- Comunicar os resultados: póster, dossier...

- Avaliación final dos resultados e do proceso.

3.4 Tipos de proxectos

Hai tantos tipos de proxectos como grupos que os

desenvolven. Nalgúns participa unha soa aula,

un ciclo, un centro ou varios centros, próximos

entre si ou mesmo de diferentes lugares e países.

Hai proxectos propostos polo alumnado e outros

propostos polo profesorado. Algúns xorden relacionados

coas festas cíclicas anuais ou con actividades

desenvoltas polo profesorado. Poden

ser máis ou menos longos en función do tema e

do interese que esperte no grupo.

4. O noso proxecto: unha festa de flores

4.1 Elección do tema de estudo

Desde hai varios anos as nosas escolas participan

xuntas na elaboración dunha alfombra floral,

seguindo así unha tradición do Concello ó que

pertencemos: durante a noite anterior á festividade

de Corpus Christi, os veciños da vila,

acompañados por todo aquel que queira colaborar,

confeccionan unha alfombra floral coa

que engalanan varias rúas. É esta unha tradición

que foi variando co paso do tempo. Disque

existe constancia documental de que xa se

celebraba esta festa no ano 1675. Nos anos

corenta a alfombra estaba composta por espadana,

fiúncho e pétalos de rosa; despois, nos

oitenta, empezouse a confeccionar coa lonxitude

que ten na actualidade: algo mais de un quilometro;

e xa, desde 1992, coa creación da

"Asociación Alfombra Floral de Ares" tomou un

40

carácter mais oficial. Calcúlase que o peso dos

productos que se empregan nas alfombras

supera as quince toneladas e para preparar

todo o material trabállase durante un mes, recollendo

e picando o verde (piñeiro, tuia, mirto), as

flores (caravel, rosa, hortensia, margarida...), e

calquera outro material que se vaia usar: arroz,

serradura, café, cunchas de ameixa... Ademais

hai que escoller os motivos ornamentais das

alfombras e planificar o seu deseño. Por todo

isto podemos dicir que é unha tarefa dura, pero

moi gratificante, que implica a un pobo enteiro.

Desde a nosa situación, de escolas que pertencen

a este Concello, parécenos tamén moi

interesante e enriquecedor implicar ós nosos

alumnos e alumnas nesta actividade na que

participan non só as xentes de Ares, senón

tamén todos aqueles visitantes que así o desexan.

Nun principio, cada escola enfocaba á súa

maneira este traballo elaborando unha pequena

alfombra. Seguíamos tamén un pouco o proceso

de planificar o debuxo a realizar, recoller as

flores e mais o verde, preparalo na clase e, por

último, confeccionar a alfombra.

Desde hai 3 cursos propuxémonos a posibilidade

de facermos unha alfombra común entre as

dúas escolas, para o que nos imos alternando e

cada ano facémola nunha delas. Pero ademais,

neste curso pasado, avanzamos un pouco

mais e estudamos a posibilidade de asistirmos

cos nenos e nenas a noite anterior ao Corpus a

confeccionar polo menos un debuxo ou motivo

da alfombra de Ares.

4.2 Avaliación inicial e busca de información

Como xa é algo que facemos todos os cursos, trátase

de recordar cos nenos e nenas as actividades

feitas o ano anterior, se foron ver as alfom-

IDEA 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!